Unha das preguntas máis frecuentes dos nosos clientes é como chegar a Galicia para comezar a súa ruta do Camiño de Santiago ou visitar Galicia. Nesta sección atopará información útil acerca dos distintos medios de transporte que permiten conectar as principais cidades galegas co resto das cidades españolas e europeas. Un punto importante a ter en conta á hora de realizar as reservas de transporte é que a maioría dos camiños finalizan en Santiago (no todos) así pois o trátase dun bo punto de regreso ao finalizar calquera ruta do Camiño de Santiago.
EN AVIÓN
Una das formas máis áxiles e rápidas para chegar a Galicia é en avión. Galicia conta con 3 aeroportos que teñen conexións coas distintas cidades españolas e cos aeroportos internacionais máis importantes.
- Aeropuerto de Lavacolla situado en Santiago de Compostela. É o que maior número de pasaxeiros recibe e o mellor situado para realizar o Camiño Francés en Galicia comezando dende O Cebreiro ou Sarria. Tamén é o máis céntrico para realizar excursións por Galicia.
- Aeropuerto de Alvedro situado na Coruña. É o máis próximo para realizar as rutas do Camiño Inglés que comeza en Ferrol, o Camiño do Norte comezando en Ribadeo e o Camiño Primitivo comezando na Fonsagrada.
- Aeropuerto de Peinador situado en Vigo. Este atópase a 20 minutos de Tui pobo onde comeza o Camiño Portugués en Galicia. É o máis próximo ás Illas Cíes e as Rías Baixas que son tamén grandes puntos de interese para os visitantes da nosa comunidade.
EN TREN
Outra opción é chegar a Galicia en tren desde as principais cidades españolas coa empresa de transportes ferroviarios Renfe. Ten conexións con Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Ferrol.
Para realizar o circuíto dos últimos 100 kms do Camiño de Santiago Francés desde Sarria existe un tren directo desde Madrid.
AUTOBÚS
Tamén é posible chegar a Galicia en autobús dende as principais cidades españolas xa que existen conexións coas cidades máis importantes da comunidade. Ademais contamos cunha rede de servizos de proximidade moi ampla con paradas de bus para conectar os pobos entre si. As principais empresas de autobús que ofrecen servizo en Galicia son Alsa, Monbus e Freire.
COCHE
Para chegar a Galicia por estrada existen varias vías principais de acceso. A autoestrada A-8 conecta Galicia co Norte de España e Europa e as autoestradas A-6 e A-52 conectan Madrid e o sur de España coas principais cidades galegas.
En Santiago de Compostela ten a opción de deixar o seu vehículo en varios parkings situados no centro da cidade para despois poder desprazarse en transporte público ou privado a calquera outro punto da xeografía galega.
TRASLADOS PRIVADOS
En Galician Roots tamén che ofrecemos traslados privados á túa medida desde calquera punto da xeografía española, dispoñemos dunha ampla frota de vehículos adaptados ás túas necesidades, tanto para trasladarte a calquera punto de inicio do Camiño de Santiago como a calquera cidade ou lugar de Galicia.
Se comezas o teu Camiño de Santiago desde Sarria podemos por exemplo trasladarte desde o aeroporto de Santiago ou o centro de Santiago ata o teu aloxamento en Sarria. Se chegas a calquera outro lugar ou comezas a túa viaxe desde calquera outro punto non dubides en contactarnos e facilitarémosche un presuposto a medida.