×

O Camino de Santiago

Unha experiencia única

O Camiño de Santiago é a ruta de peregrinación máis antiga de España e unha das máis importantes do mundo, representa unha das experiencias máis enriquecedoras e motivadoras que poderás realizar o longo da túa vida. Aínda que algúns crean que se trata dunha única ruta o Camiño de Santiago está composto por varias sendas de peregrinación das cales algunhas están consideradas Patrimonio da Humanidade.

Se xa tomaches a decisión de facer o Camiño de Santiago e queres mergullarte nesta aventura única e inesquecible non te perdas todas as rutas que ofrecemos. Tanto si queres realizalo a pé como en bicicleta en Galician Roots propoñémosche distintos itinerarios do Camiño de Santiago que poden ser personalizados o teu gusto. Ademais a nosa axencia está situada en Galicia o que nos da unha ampla experiencia e permítenos darche unha atención continuada e próxima.

Somos grandes entusiastas do Camiño de Santiago e sabemos que pode resultar complexo organizar unha viaxe dende cero, por este motivo dámosche todas as facilidades para poder reservar a túa viaxe. Si non atopas o que buscas non dubides en contactarnos e faremos todo o posible por crear a túa viaxe do Camiño de Santiago.

A nosa axencia de viaxes especializada en Galicia e no Camiño de Santiago encargarase de organizar e planificar a túa viaxe na que poderás desfrutar de paisaxes únicas, unha gastronomía rica e variada e unhas vivencias e sensacións intensas e inesquecibles.

Así que non agardes máis e comeza a planificar a túa viaxe do Camiño de Santiago con Galician Roots!

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Que é o Camiño de Santiago organizado?

O Camiño de Santiago organizado é unha viaxe no que só terás que preocuparte de camiñar e gozar da ruta, sabemos o difícil e abafadora que pode resultar toda a información que vas atopar sobre o Camiño de Santiago por iso en Galician Roots somos expertos en viaxes do Camiño de Santiago organizado. Asesorámoste e axudamoste para planificar a túa viaxe para que simplemente goces da peregrinación cara a Santiago.

Que inclúen as nosas viaxes do Camiño de Santiago organizado?

As viaxes do Camiño de Santiago organizado que ofertamos inclúen por defecto o aloxamento, transporte de equipaxe e almorzo e cada circuíto pódese personalizar para engadir todos os servizos que requiras por exemplo traslado ata o inicio do túa ruta, ceas, masaxes e moito máis. Poderás elixir entre unha gran variedade de rutas e ademais poderás elixir entre distintos tipos de aloxamento xa que dispoñemos de varias categorías, desde albergues ata pazos e paradores.

Que rutas do Camiño de Santiago organizado ofrecemos?

Con Galician Roots poderás reservar o Camiño de Santiago organizado Francés, Portugués, do Norte, Primitivo, Inglés e o Camiño a Fisterra e Muxía. Se non atopas o ruta que queres facer non dubides en contactarnos e tentaremos crear o teu Camiño de Santiago organizado a medida.

Que Camiño de Santiago organizado elixir?

Todo dependerá dos días dos que dispoñas, da dificultade da ruta e de se xa efectuaches antes algún dos camiños de peregrinación a Santiago. Por iso en Galician  Roots asesorámoste desde o principio para que poidas escoller a ruta do Camiño de Santiago organizado que mellor se adapta a ti.

Camiño de Santiago organizado a pé ou en bicicleta?

Ofrecemos viaxes do Camiño de Santiago organizado a pé e en bicicleta así que poderás elixir entre estas dúas modalidades. No caso do Camiño de Santiago organizado en bicicleta ofrecemos uns rutas adaptadas en quilómetros e incluímos o alugueiro de bicicleta con todos os accesorios.

Pódese empezar o Camiño de Santiago organizado en calquera data?

Poderás elixir a data que mellor se adapte aos teus días de vacacións a condición de que teñamos dispoñibilidade nos aloxamentos cos que traballamos para as datas seleccionadas. Recomendámosche reservar con antelación xa que así será moito máis fácil poder empezar o teu Camiño de Santiago organizado o día que ti queiras.

En que tempada é mellor facer o Camiño de Santiago organizado?

É posible realizar o Camiño de Santiago organizado durante todo o ano pero debido ao clima e os invernos chuviosos e fríos que afacemos ter en Galicia recomendamos efectuar a viaxe desde Abril ata finais de Outubro. Ten en conta que moitos aloxamentos pechan as súas portas durante a época invernal e isto tamén é un pequeno inconveniente por iso sempre suxerimos eses meses do ano.

Cales son as vantaxes do Camiño de Santiago organizado?

Reservar unha viaxe do Camiño de Santiago organizado ofrece moitas vantaxes: sempre terás a seguridade de chegar e ter o teu aloxamento reservado, a túa maleta estará a te esperar no aloxamento á túa chegada, se sofres algunha lesión estaremos aquí para trasladarte ao seguinte aloxamento e axudarche, estarás sempre en boas mans xa que estaremos dispoñibles para calquera imprevisto que poida xurdir e aforrarás moito tempo xa que nos encargaremos de facer todas as xestións para a túa viaxe.

É necesario estar en forma para facer o Camiño de Santiago?

O Camiño de Santiago organizado é unha viaxe apta para todos e para todas as idades, non é necesario ser deportista para facelo aínda que si che recomendamos prepararte un pouco fisicamente para que sexa moito máis levadío, neste post atoparás unhas pequenas recomendacións.
Igualmente ten en conta que é posible personalizar a túa viaxe e adaptar as etapas á túa forma física acurtando o número de quilómetros diarios por etapa.

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.
Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.