En Galician Roots sabemos que organizar unha viaxe en grupo pode ser complicado así que tamén ofrecemos un servizo de excursións a medida para grupos. Estas excursións elabóranse para un mínimo de 6 persoas e tamén para grupos de terceira idade, mocidade, concellos, colexios, asociacións culturais, AMPAS e máis colectivos.
Encargámonos de planificar toda a vosa viaxe, desde o transporte ata o aloxamento e o lecer. O noso obxectivo é garantirvos unha viaxe cómoda e de calidade onde só teredes que preocuparvos de gozar, nós ocupámonos do resto.
Só tedes que contactar connosco utilizando o noso formulario de contacto ou chamándonos por teléfono indicándonos as datas nas que desexades realizar a viaxe e facilitarémosvos un orzamento sen compromiso.
Consúltanos e axudarémosche a realizar a túa mellor viaxe a Galicia.
Contáctanos