×
11/05/2021
O Xacobeo 2021 é un gran acontecemento que excepcionalmente e por primeira vez en toda a historia prolongarase outro ano máis ata o 2022 polos efectos da pandemia do COVID-19. Así pois a Porta Santa estará aberta desde o 31 de decembro de 2020 e volverase a pechar o 31 de decembro de 2022. A intención da Santa Sé é evitar aglomeracións e permitir que os peregrinos dispoñan de máis tempo para poder efectuar a peregrinación, ademais isto tamén axudará a reparar e paliar as consecuencias económicas e será un alivio para o sector turístico.

A gran noticia dábase a coñecer durante a cerimonia de apertura do Ano Santo Xubilar Compostelán do 2021, o xubileu nunca durara 2 anos aínda que non é a primeira vez que sofre cambios, durante a guerra civil española foi aprazado. Este evento único na historia causou unha gran sorpresa e tivo moi boa acollida na comunidade peregrina.

Estes dous anos en que será celebrado o Xacobeo as expectativas son moi altas para os territorios polos que pasa o Camiño de Santiago xa que se cumpriu o ciclo máis extenso da cadea de anos santos, 11 anos desde o último, e a pesar de que o Ano Xacobeo adoita ser de maior afluencia que os anos de peregrinación habituais este ano 2021 non será o caso debido á pandemia. Por este motivo esta prórroga do Ano Santo terá gran repercusión e espérase así atraer aos peregrinos e tentar recuperar aos poucos a normalidade.
 
Isto crea tamén unha gran expectativa para a comunidade peregrina que quere realizar o Camiño de Santiago e visitar a tumba do apóstolo en Ano Santo. Ademais da experiencia de realizar o Camiño de Santiago durante o Xacobeo 2022 hai que sumarlle os múltiples eventos culturais que se realizarán nos pobos por onde pasa o Camiño de Santiago. O ano Xacobeo 2022 será un acontecemento de interese público excepcional, cun dinamismo social, cultural e turístico que farán unha experiencia inigualable para todos aqueles que realicen o Camiño de Santiago nestas datas. Ademais cabe destacar que o Camiño de Santiago será probablemente un dos destinos máis seguros xa que se efectúa ao aire libre e o distanciamento social é moito máis sinxelo.
 
Outro dos grandes atractivos deste ano Santo 2022 é gozar dunha Catedral de Santiago renovada, despois de case 10 anos de obras rehabilitáronse as tres cubertas, as fachadas das torres, as naves principais, a cripta, esculturas, vidreiras, as bóvedas da Capela Maior, onde se custodian os restos do Apóstolo Santiago e o cruceiro no que se atopan as naves onde pende o Botafumeiro. A todos estes traballos hai que engadir os de conservación de moitas das pezas que antes resultaban inapreciables por mor da sucidade e a humidade, proceso durante o cal se descubriron detalles artísticos de gran valor.
 
Se queres realizar o Camiño de Santiago no ano Xacobeo 2021 - 2022 en Galician  Roots dámosche múltiples opcións e adaptámonos ás túas necesidades, somos a axencia local do Camiño de Santiago, coñecemos o produto de primeira man por iso ofrecemos proximidade e experiencias inesquecibles.
https://www.galicianroots.com/

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.