×
18/02/2021
A partir deste ano 2021 coincidindo co ano Santo a Catedral de Santiago e a Xunta de Galicia poñerán en marcha a credencial do peregrino dixital. Esta nova aplicación estará dispoñible para as plataformas  iOS e Android e poderá consultarse en oito idiomas. Descargando no teu teléfono móbil a app obterás os teus selos a través dos códigos QR que poderás descargar nos diferentes puntos do Camiño de Santiago.

Do mesmo xeito que coa credencial tradicional terás que conseguir os dous selos diarios para acreditar a túa peregrinación a Santiago de Compostela. A aplicación funcionará en calquera dos roteiros Xacobeos que desexes realizar.

A aplicación vén acompañada dunha páxina web onde os establecementos emisores de selos pódense rexistrar e dixitalizar a súa propia imaxe. Pode crear o seu selo dixital na seguinte ligazón:
https://generadorsellos.servicios-scq.info/default.aspx

Escaneando co teu móbil os códigos QR quedará rexistrado o selo na túa Credencial dixital, deste xeito o proceso garda total semellanza co uso da Credencial tradicional en papel.

A credencial dixital vén acompañada doutras transformacións dixitais que está a realizar a Oficina do Peregrino de Santiago de Compostela. Destaca o sistema de xestión da cola para conseguir a Compostela, isto evita as concentracións de peregrinos e os longos tempos de espera. Debes encher os teus datos no rexistro cando comeces o Camiño de Santiago, deste xeito a túa Compostela estará lista cando chegues a Santiago. Este sistema tamén inclúe a opción de pedir cita en liña na Oficina do Peregrino.
https://catedral.df-server.info/agencias/Individuo.aspx?lang=1

Se queres coñecer máis información sobre o novo sistema en liña para conseguir a Compostela podes consultalo na seguinte ligazón:
https://www.galicianroots.com/gl/noticia/nuevo-sistema-online-para-obtener-la-compostela.htm

Cabe mencionar que co novo certificado dixital non desaparecerá a Credencial en papel. Todos os peregrinos que así o desexen poderán utilizar a Credencial tradicional e seguir conseguindo os selos tal e como se fixo ata o de agora. Desde a Oficina do Peregrino destacaron que non haberá distinción algunha entre a Credencial de papel e a dixital, sendo as dúas igual de válidas.

Na seguinte ligazón deixámosche toda a información sobre a credencial en papel:
https://www.galicianroots.com/gl/noticia/credencial-del-peregrino-y-compostela.htm

Galician  Roots ofréceche as mellores viaxes do Camiño de Santiago, @contáctar en:
https://www.galicianroots.com/gl/
 

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.