×
17/10/2017
Recordaredes que fai unhas cantas semanas publicamos un post no que engadimos algúns consellos sobre certos utensilios, prendas e alimentos que non deben faltar nas vosas mochilas. Pois ben, temos que recoñecer que nos traizoou a memoria, pois si ai algo imprescindible do que non temos falado e que nos ten que acompañar durante toda a viaxe, esa é a credencial do peregrino.

A credencial é unha especie de pasaporte no que figuran os vosos datos persoais e que vos identifica o longo do Camiño. Conten uns recadros en branco que deberedes de cubrir diariamente con selos dos lugares polos que pasastes camiñando e a súas respectivas datas de paso. Só si esta debidamente selada e datada poderedes obter a vosa chegada a Santiago a denominada Compostela; un documento centenario que acredita que completastes con éxito a peregrinación. Iso si, é condición indispensable comezar a camiñada polo menos 100 quilómetros antes de Santiago (200 si se fai en bicicleta ou a cabalo). Esa é a razón pola cal a partires de Sarria, a 114 quilómetros da praza do Obradoiro, comezan a verse moitos máis peregrinos no Camiño.

Ademais de para obter a Compostela, a credencial e imprescindible para poder durmir nos albergues públicos. Imaxinádevos si é importante reservar un oco nas vosas mochilas! Non vos resultará complexo facervos con unha antes de comezar a ruta: pódense solicitar con antelación en calquera asociación de amigos do Camiño e tamén se reparten nos albergues das localidades que adoitan ser punto de partida, nas igrexas e en moitos refuxios. Tampouco atoparedes demasiadas dificultades para cubrir a vosa credencial. O habitual é solicitar que nos poñan o selo alí onde pasemos a noite. Si o albergue esta pechado, podemos solicitala en moitos bares, comercios, hoteis e incluso nas oficinas de correos.

Seguindo estes consellos básicos, non teredes problema para obter a Compostela. Agardamos que non se nos esquecera ningún! Tan só nos queda contarvos un par de cousas máis. A primeira, unha curiosidade; é que a credencial non é un invento recente, si non a herdeira dos salvocondutos e disposicións reais concedidas os peregrinos xa no século XII para protexelos dos bandoleiros , dos roubos e  dos abusos mercadores. O seu incumprimento levaba consigo duras penas, incluída a forca.

Co paso do tempo as condicións do Camiño foron cambiando e acabouse xeneralizando a esixencia de certificados para distinguir os peregrinos dos que non o eran. Esa é a función que cumpre na actualidade a credencial.

Por último unha pequena advertencia: sabede que o recoller a credencial comprometédesvos como peregrinos a comportarvos debidamente durante todo o Camiño. Si non cumprides a vosa promesa, os responsables dos albergues poderana retirar.

Sede bos!

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.