×
23/07/2019
Hai unha tendencia que vai en aumento nos últimos anos en canto ao número de peregrinos mexicanos que chegan a Galicia. En gran medida este fenómeno é debido ao convenio acordado entre Galicia e México coa intención de poñer en valor e promocionar a peregrinación a Santiago de Compostela para visitar a tumba do apóstolo Santiago. Unha alianza que sen ningunha dúbida fomentou a visita de mexicanos co obxectivo de realizar o Camiño de Santiago nalgúns dos percorridos que ofrece o roteiro.

Debido a este aumento de viaxeiros mexicanos que deciden realizar o Camiño, México atópase entre os 15 países que máis peregrinos achegan ao roteiro, en concreto en 2018 fixeron o Camiño de Santiago 3578 peregrinos mexicanos.

Se resides en México e tes en mente realizar o Camiño de Santiago Galician  Roots é a axencia de viaxes que se adaptará a todas as túas necesidades para que poidas gozar ao máximo do Camiño. Son moitos xa os clientes mexicanos que realizaron o Camiño de Santiago con Galician  Roots, somos unha axencia local situada en pleno roteiro do Camiño Francés e que che facilitará toda a información e axuda necesaria para a túa viaxe desde México a Santiago de Compostela. 

Ofrecémosche todos os servizos necesarios para o peregrino, traslados desde o aeroporto ao comezo de etapa, reserva nos aloxamentos máis exclusivos, transporte de equipaxe e asistencia durante todo o roteiro por se tiveses algún contratempo. Tamén nos adaptamos a ti segundo o número de quilómetros que queiras percorrer por día, tanto se estás afeito a realizar camiñadas longas coma se non estás afeito a camiñar. Neste último caso farémosche un itinerario con etapas máis curtas adaptadas ao teu gusto.
En Galician  Roots ademais axustámonos a ti tanto se queres realizar o Camiño de Santiago en solitario, en grupo ou en familia con nenos.

Así mesmo dispoñemos de todos os servizos do Camiño de Santiago no Camiño Francés, o Camiño Portugués, o Camiño do Norte, o Camiño Primitivo, o Camiño Inglés e o Camiño de Fisterra e Muxía para que poidas escoller o tramo que prefires dos distintos roteiros do Camiño de Santiago.

Se non che gusta camiñar outra das opcións que ofrecemos é realizar o Camiño de Santiago en bicicleta, dispoñemos de aluguer de bicicletas con todos os accesorios necesarios, así non terás que preocuparte de non ter o equipamento preciso para realizar o teu camiño de Santiago de Compostela en bicicleta desde México.

Galician  Roots é moito máis que Camiño, unha vez realizado o Camiño de Santiago ofrecemos aos nosos clientes de México realizar excursións exclusivas por Galicia para coñecer o mellor do noso territorio. As cidades de Galicia como Santiago, Coruña, Pontevedra…, as Illas Cíes, a praia das Catedrais, Fisterrra e o fin do mundo, as Rías Baixas, a Ribeira Sacra e os Canóns do Sil e unha infinidade de experiencias gastronómicas, enoturísticas e de relax para poder levar o mellor recordo de Galicia para México.
 
Descobre todos os nosos roteiros do Camiño de Santiago na seguinte ligazón e se non atopas o que buscas non dubides en contactarnos:
https://www.galicianroots.com/gl/el-camino-de-santiago.htm

E non te esquezas de visitar a nosa sección de produtos relacionados co Camiño de Santiago e excursións por Galicia na seguinte ligazón:
https://www.galicianroots.com/gl/

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.