×
07/05/2019
Coñecidos vs descoñecidos 
Recoñecemos que ten o seu atractivo facer o camiño á aventura, o que se diría “ao modo tradicional”. É sen dúbida unha opción estupenda e entendemos que haxa quen considera que nisto reside a esencia da peregrinación, pero non todas as persoas queren dedicar o esforzo persoal e o tempo que require botarse sós ao Camiño.

Para este perfil de peregrino existe a opción de facer o Camiño en grupo.  Aínda que a priori parece que esta é unha modalidade que nos obriga a aceptar condicións e someternos a pautas, en realidade ofrece moitas posibilidades. Así, a experiencia será diferente en función de se formamos un grupo cos nosos amigos, familiares, coñecidos… ou se pola contra decidimos integrarnos nun novo con xente procedente de diferentes países que nunca antes na nosa vida vimos.  Se esta opción é a que máis vos convence, tedes que facer o Camiño de Santiago en grupo organizado.

O Camiño en grupo organizado
É unha modalidade cada vez máis solicitada polos camiñantes, pois conxuga a comodidade que supón ter a ruta planificada coa posibilidade de coñecer xente nova, que é unha das grandes riquezas do Camiño. Galician Roots é unha axencia de viaxes do Camiño de Santiago que ofrece esta opción. Tan só teredes que elixir unha das datas de inicio previstas e sumarvos a un pequeno grupo dunhas 10 ou 15 persoas de diferente procedencia e idade. Todo un intercambio cultural e vital que creará lazos de amizade para toda a vida. 

Integrarse nun grupo organizado ten unha gran vantaxe: a comodidade que supón camiñar co único afán de gozar de cada etapa, sabendo que teremos un bo descanso garantido, que poderemos durmir comodamente nun sitio limpo e que nunca nos levaremos unha sorpresa desagradable á hora de elixir un lugar no que comer. A tranquilidade é un plus que se pode reforzar aínda máis se vos acompaña un guía, unha especie de anxo da Garda do Camiño que, ademais de contarvos a historia e as anécdotas propias dos lugares polos que vaiades pasando, será tamén o encargado de asistirvos en caso de necesidade e de resolver calquera imprevisto que poida xurdir. Contar cun vehículo de apoio ou contratar o transporte de mochilas son outros servizos que tamén contribúen a restar preocupacións na vosa travesía por terras galegas.  

Compartir experiencias
É certo que o Camiño en solitario outorga moita independencia e permite reflexionar e atoparse cun mesmo, pero ás veces o máis bonito de vivir unha experiencia é poder compartila, especialmente se o fas con persoas queridas que forman parte do teu día a día. Ese espazo para establecer complicidades, estreitar lazos, ter conversacións transcendentales e construír un recordo indeleble bríndao mellor que ninguén o Camiño de Santiago e o grupo de persoas co que o completemos.

En solitario ou en grupo
Todo ten os seus proles e os seus contras, pero se hai algo certo, iso é que sempre atoparedes unha forma de facer o Camiño que se adapte a vós. Adiante!

Blogue

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.