×
29/04/2020
Debido á pandemia do COVID-19 produciuse unha situación insólita que tivo como consecuencia a prohibición de realizar viaxes, entre eles o Camiño de Santiago.
O coronavirus e a súa rápida propagación a nivel mundial obrigaron aos gobernos a tomar a decisión de pechar as fronteiras e os voos entre diferentes países.

Ante esta situación o Camiño de Santiago tamén se viu afectado tendo que pechar hoteis, pensións, albergues, bares e restaurantes. Outros servizos relacionados co Camiño como o transporte de equipaxe tiveron que suspender a súa actividade.

A Catedral de Santiago de Compostela e a oficina de Atención ao Peregrino tamén tomaron medidas de prevención, pechando as súas portas desde o día 13 de marzo ata novo aviso.
Esta batalla para vencer a pandemia só poderase gañar anulando todo tipo de contacto na nosa vida social, por iso os peregrinos amantes do Camiño de Santiago vémonos obrigados a quedarnos na casa e pensar que retomaremos os nosos plans de viaxe máis pronto que tarde.  
En Galician Roots somos optimistas e sabemos que cando todo isto pase sairemos reforzados. Mentres tanto seguiremos traballando para poder mellorar os nosos servizos de cara ao ano 2021 no que se celebra o ano santo, ano Xacobeo, garantindo a seguridade dos nosos clientes e tomando todas as medidas oportunas.

Con todo somos conscientes que tanto como sociedade como a nivel individual cambiaríamos. Estar encerrados durante tanto tempo faranos valorar as cousas que realmente importan que co trafego deste mundo tan convulso moitas veces esquecemos; unha comida cos amigos, un abrazo cun ser querido ou un paseo ao aire libre.

Neste aspecto os amantes do sendeirismo e neste caso particular do Camiño de Santiago temos a vantaxe de que esta actividade realízase en plena natureza, sendo moito menor o risco de contaxio que noutro tipo de viaxe turística con máis aglomeración de xente.

O Camiño de Santiago sempre nos estará esperando, moi pronto estaremos a camiñar polas súas belas paisaxes gozando das súas xentes e do bo ambiente peregrino que o caracteriza. Así que lembra canto todo isto pase non esquezas apoiar o turismo nacional!

Blogue

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.