×
19/03/2019
Existe unha crenza xeneralizada, sen unha base certa pero bastante estendida, que tende a asociar o Camiño de Santiago cunha especie de xesta heroica na que para vencer hai que sufrir. E si, certamente a idea soa moi romántica, pero na realidade non o é tanto.

O sufrimento no Camiño de Santiago non consiste na superación de contratempos a base de sangue, suor e bágoas ata conseguir chegar vitoriosos á Praza do Obradoiro aclamados pola multitude. Non. É algo máis…  mundano. Sufrir no Camiño de Santiago é que as bochas che amarguen a existencia (e de paso, a viaxe), acabar coas costas feitas po despois de cargar varios días cun  mochilón, chegar canso como unha mula ao final da etapa e volverte tolo para atopar un  mísero colchón onde tirar os teus ósos, pegarte os  madrugóns da túa vida, programar o espertador para que soe dous ou mesmo tres horas antes que nun día normal de traballo e acabar o traxecto con máis  olleiras que un oso panda, durmir (ou non durmir) no mesmo cuarto que vinte persoas das cales dez  roncan, cinco fan ruído e catro cheiran mal…

Tranquilidade: para vencer non hai que sufrir. Non necesariamente. Se xa completastes nalgunha ocasión esta ruta milenaria e tedes no voso haber a Compostela, sabedes do que estamos a falar. Se ides facer o Camiño de Santiago por primeira vez, confiade en nós, que se de algo sabemos é disto. Palabra de  Galician  Roots: definitivamente, para vencer non hai que sufrir. Debemos desterrar esa idea e deixar de pensar que o Camiño de Santiago consiste unicamente en queimar etapas e completar unha ruta. É unha experiencia que nos ofrece moitísimas posibilidades (turismo, cultura, gastronomía, lecer, excursións…) e que compensa aproveitar en toda a súa magnitude, cada cal á súa maneira. Tamén desde a comodidade e a tranquilidade de poñernos en mans de profesionais (axencias de viaxes do Camiño de Santiago) que fagan o traballo de planificación por nós e nos axuden a sacar o maior partido da nosa experiencia e os nosos días como camiñantes. Por que non?  É unha opción igual de válida e meritoria que facelo pola nosa conta. Hai tantos camiños e formas de completalo como peregrinos existen.

O certo é que, xa sexa por comodidade, por falta de tempo ou por descoñecemento, o Camiño de Santiago organizado é unha opción á que recorren cada vez máis peregrinos que se embarcan nesta aventura. A miúdo pásanos que nin sequera temos tempo para planificar a comida do día seguinte e con todo convencémonos de que si o teremos para planificar o Camiño de Santiago e organizar apropiadamente pola nosa conta unha viaxe de 7 días mínimo no que temos que levar a nosa casa nunha mochila, cumprir tempos e reservar seis aloxamentos en seis lugares diferentes á vez que 700 persoas que tamén o tentan como nós.

Facer o Camiño de Santiago organizado por unha axencia de viaxes ofrece numerosas vantaxes, sobre todo no que se refire o aloxamento. Debemos ter en conta que son profesionais e que coñecen os mellores aloxamentos no Camiño de Santiago. Eses serán os que che ofrezan a ti. A maiores, ábrese un abanico de posibilidades que vai máis aló do típico albergue con liteiras onde os  ronquidos, as alarmas ou os ruídos espértannos constantemente e non nos permiten durmir ben. Hoteis e casas rurais con habitacións privadas e baño, un colchón cómodo e todo o silencio da noite asegurarán un soño  reparador. Ademais, ao ter os aloxamentos reservados de antemán, poderás recrearte máis no traxecto facendo as paradas que necesites e chegar a calquera hora sen preocuparte por se haberá sitio para durmir no pobo final de etapa.

Outro punto a favor é o servizo de transporte de mochilas, algo que se agradece a medida que imos sumando etapas. Para moitos isto pode parecer unha aberración que vai en contra da esencia do Camiño; para outros é todo un alivio. O certo é que transportar unha mochila de entre 6 e 8 kg durante 20 ou 30 km ao día non parece unha idea moi atractiva e menos se non estamos afeitos cargar pesos e arriscámonos a sufrir unha lesión nas costas polo exceso de esforzo físico. Deixar a mochila na recepción do hotel á primeira hora da mañá e atopala no seguinte cando cheguemos resulta en grao sumo cómodo e non resta nadiña de nada de mérito á nosa experiencia como peregrinos.  Insistimos; para vencer non é necesario sufrir e todas as formas de completar o Camiño son válidas, igual que válidas son as diferentes motivacións que nos empuxan a realizalo: seguir a nosa fe, cumprir unha promesa, coñecer xente ou simplemente facer deporte. 

No noso traxecto cara a Compostela pode ocorrer un contratempo en calquera momento. Ter un teléfono ao que chamar en caso de necesidade, xa sexa por problemas de saúde ou só para resolver unha dúbida sobre o itinerario, ofrece un plus de seguridade. Esta é outra das vantaxes que nos brinda facer o Camiño cunha axencia de viaxes; saber que estaremos asistidos sempre que o necesitemos. Neste punto debemos lembrar que non todos os itinerarios contan co volume de servizos, de persoas e de poboacións que nos atoparemos no máis concorrido de todos; o francés. O Camiño Primitivo, por exemplo, que vai desde Oviedo ata Santiago pasando por Lugo, é dos menos transitados e a maior parte do percorrido transcorre en plena natureza. Non atoparemos poboacións cada dous pasos e mesmo poderemos completar algunha etapa sen cruzarnos cunha soa persoa. En casos así sempre será mellor ter as costas cubertas e saber que haberá alguén alén do teléfono disposto a axudarnos.

Pero pensemos mellor nas cousas boas que nos pode ofrecer o Camiño de Santiago, que son moitas! Se realmente queredes aproveitar ao máximo a vosa estancia en Galicia, non podedes limitarvos a camiñar. Debedes visitar os puntos máis emblemáticos da nosa xeografía, recrearvos coa nosa gastronomía, facer actividades de lecer,  enoturismo,  realizar excursións… o que máis vos guste! Organizar desde cero unha viaxe destas características pode resultar difícil, por iso cada vez máis xente decántase por recorrer aos servizos dunha axencia de viaxes especializada no Camiño de Santiago, o cal non significa ter que adaptarse ao que elas ofrecen. Máis ben ao contrario, elas escoitan ao que ti necesitas. Polo menos así é como o concibimos en  Galician  Roots, onde sempre nos adaptamos ás túas preferencias: onde queres empezar, a distancia entre etapas, o tipo de aloxamento, transporte de equipaxe, traslados, ceas especiais con música galega e queimada, masaxes, etc… Somos grandes entusiastas do Camiño de Santiago e sabemos deseñar unha experiencia á túa medida!

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.