×
17/12/2017
Seguramente teredes oído dicir que en Santiago a choiva é arte. Pois ben, imaxinádevos o encanto que pode chegar a ter a meta do voso Camiño: A cidade máis chuviosa de España e a segunda de  Europa, un lugar que presume de acumular precipitacións próximas aos 2000 litros por metro cadrado en un só ano…

De acordo, os datos póñennolo difícil e o verdor das nosa paisaxes delátanos, pero crédenos: En Galicia non sempre chove! É certo que temos un clima húmido e xeneroso en precipitacións  que se reparten o longo do ano, algo que fará do chuvasqueiro unha prenda imprescindible en todo momento na vosa mochila de peregrinos. Non obstante, no verán, a época preferida pola maioría  de vós para facer o Camiño, é moi probable que atopedes días soleados e con temperaturas agradables.

Ocorre co tempo en Galicia o mesmo que con outros moitos aspectos desta terra: na variedade esta a súa riqueza. Si comezades o camiño inglés, atoparédesvos o clima marítimo propio das Rías Altas, con temperaturas suaves e maior probabilidade de choiva. Polo contrario, si escolledes a Vía da Prata  e as terras do sur, o clima será máis seco e con maior oscilación térmica, semellante incluso o Mediterráneo.

Un exemplo é Ourense, onde caen a metade de precipitacións que en Santiago a pesar de estar a só 80 quilómetros de distancia en liña recta.

Coñecida como a tixola de Galicia, é fácil que en esta cidade os termómetros alcancen no verán os 40 grados centígrados.

O marxe das peculiaridades, propuxémonos facer unha breve guía do tempo en Galicia para que saibades que tipo de pezas debedes de meter nos vosas mochilas en cada momento. Para iso, decidimos botar man da sabedoría popular e os nosos refráns, infalibles na maioría dos casos. Aínda que as traducións poidan soar raras, estamos convencidos de que vós axudarán.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN XANEIRO. En xaneiro, pés o braseiro. É o mes do frío por excelencia e o que concentra maior número de días de xeada, con temperaturas baixo cero a primeiras horas da maña e por debaixo dos 10 grados nas horas centrais. E  probable que nos tramos máis altos do Camiño atopedes nevadas. Recomendamos: Cazadora térmica, gorro, guantes, bufanda, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN FEBREIRO. Febreiro de rabo torto, cos seus 28 días, si tiveses máis catro, non quedaba nin raposo no burato. Frío, frío e máis frío, como testemuña este outro refrán: En febreiro, sete capas e un sombreiro. O refraneiro popular fálanos de un mes feo e duro que se fai eterno e duro a pesar de ser o máis corto do calendario. Recomendamos: cazadora térmica, gorro, luvas, bufanda, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN MARZO. Marzo, marzolo, trebón e raiolo. Marzo, marzal, pola maña cara de rosa, pola tarde cara de can. É un mes que se caracteriza pola inestabilidade meteorolóxica, de aí que sexa frecuente que nun mesmo día se sucedan episodios de sol e choiva ou que o tempo sexa estupendo pola maña e horrendo pola tarde, ou viceversa.  Soe chover bastante e as temperaturas son frescas. Recomendamos: cazadora, gorro, pantalóns largos impermeables, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN ABRIL. Abril, abrilón, auga por un tubo e pode que trebón. Si xaneiro e febreiro son os meses do frío, abril e o da choiva. Sería insólito un mes de abril en Galicia con máis de cinco días sen precipitacións, así que dade por feito que a choiva  será a vosa compañeira de viaxe. As temperaturas comezan a recuperarse e alcanzar valores propios da primavera, pero non vós fiedes, seguirá facendo frío. Este mes pode ser traizoeiro, e así o reflexa outro refrán: abril, se por mal quere vir, aínda as portas non deixa abrir. Recomendamos: cazadora, pantalóns largos impermeables, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN MAIO. Quen en mallo se molla, en maio se enxuga. Un novo mes tipicamente primaveral, con días de choiva e outros de sol radiante nos que as temperaturas poden alcanzar incluso valores estivais. Podemos atrevernos a cambiar as botas por calzado deportivo cómodo e incluso a usar pantalóns curtos. De todas formas, a ameaza de choiva e de frío tardío segue presente: en maio aínda a vella queima o tallo, e o boi bebe no prado. Recomendamos: roupa de abrigo para as primeiras e últimas horas do día, pantalóns desmontables, botas e calzado deportivo e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN XUÑO. Ata o 40 de maio non quites o saio, e se volve chover, volvelo poñer. Como podedes comprobar, ata mediados de xuño non están garantidas unhas boas condicións climatolóxicas. De todas formas, nótase a proximidade do verán: As precipitacións son cada vez menos frecuentes e as temperaturas suben notablemente. En horas centrais do día soe facer calor, aínda que a noite refresca bastante. Recomendamos: roupa de abrigo para as primeiras e últimas horas do día, pantalóns desmontables, calzado deportivo, sombreiro ou gorra e protección solar para a pel.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN XULLO. O que non aproveita xuño para se bañar, e por que ten medo do río e do mar. O mes do verán en Galicia, máis incluso que agosto, con días calorosos e moitas horas de luz. De todas formas, recordade que pode chover en calquera momento e que en Galicia son moi poucas noites as que podemos durmir coas ventás abertas… Recomendamos: pantalóns curtos, calzado deportivo, sombreiro e gorra, protección solar para pel e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN AGOSTO. En agosto, tapa o teu rostro. Seguimos en verán pero, como poderedes deducir polo refrán, encamiñámonos irremediablemente cara o outono. Os días son máis curtos e as noites cada vez máis frescas. Non obstante, agosto soe ser un mes seco e soleado. Recomendamos: pantalóns cortos, calzado deportivo, sombreiro ou gorra, protección solar para a pel, roupa de abrigo para as primeiras e últimas horas do día e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN SETEMBRO. En setembro, ou secar as fontes ou levar as pontes. É complexo presaxiar o tempo deste mes: pode ser unha prolongación do verán, con semanas de sol e temperaturas preto aos 25 grados; ou un anticipo do outono, con choivas abundantes e persistentes. En ningún caso fará demasiado frío. Debedes de estar preparados para todo. Recomendamos: cazadora, pantalóns desmontables, botas e calzado deportivo, sombreiro ou gorra e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN OUTUBRO. Neve en outubro, sete meses cubre. Outono quente, inverno detente. Estes dous refráns dan idea do comportamento meteorolóxico de outubro, que pode amortecer a chegada do inverno si é cálido ou desencadealo con toda a súa crueza. O certo é que en este mes as choivas e o frío regresan. Con maior ou menor intensidade, pero regresan. Recomendamos: cazadora, pantalóns impermeables, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN NOVEMBRO. Por todos os santos, neve nos campos. O inverno xa chegou e con el as choivas persistentes, o frío e as primeiras xeadas e nevadas. Recomendamos: cazadora, pantalóns impermeables, botas e chuvasqueiro.

O CAMIÑO DE SANTIAGO EN DECEMBRO. Tantos días de xeada no Nadal como días de sol no San Xoán. Decembro é a antítese do verán e por iso un dos meses máis propiamente invernais: días cortos, choiva e frío. Recomendamos: cazadora térmica, gorro, luvas, bufanda, botas e chuvasqueiro.

Como teredes comprobado, o chuvasqueiro é a única prenda que os recomendamos todos os meses do ano. Se o esquecedes sempre poderedes dicir que no voso Camiño cara Compostela vos empapastes de arte.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.