×
17/01/2019
Cantas veces fixemos plans que nunca chegamos a materializar? Vacacións, excursións con amigos, visitas a cidades e incluso a nosa viaxe soñada quédanse no caixón unha e outra vez pola falta de tempo libre. Frustrante verdade? Pois ben, en Galician Roots non permitiremos que vos suceda o mesmo co Camiño de Santiago. Por iso o post desta semana está dedicado especialmente a todos aqueles que só dispoñedes de uns cantos días para desfrutar dos encantos desta ruta milenaria.

Propoñémosvos completar os últimos 100 quilómetros do Camiño Francés, algo para o que serán máis que suficientes sete xornadas. Ou o que é o mesmo; unha semaniña de vacacións. O punto de partida será a localidade lucense de Sarria, situada a 117 quilómetros de Santiago, o que vos garantira a obtención da chamada Compostela, o documento que acredita que finalizastes con éxito a peregrinación e que só se lle entrega os camiñantes que completan como mínimo 100 quilómetros.

Nos mesmos podemos trasladarvos directamente a Sarria dende calquera aeroporto de Galicia. É unha forma de evitar as combinacións de buses e as esperas que tanto alargan a xornada e que fan que nos cansemos incluso antes de comezar a ruta.

Chegados a Sarria, espéranvos cinco etapas que podedes completar en outros tantos días:

Sarria – Portomarín (24 km)
Portomarín – Palas de Rei (25 km)
Palas de Rei – Arzúa (29 km)
Arzúa – Pedrouzo (19 km)
Pedrouzo – Santiago (20 km)

Xa coa vosa Compostela na man e boas experiencias na mochila, disporedes aínda dunha xornada por diante para descansar, descubrir os encantos de Santiago e organizar o regreso a casa con calma.



O Camiño Francés ofrece unha gran vantaxe si non dispoñedes de moito tempo para planificar a viaxe; E o ser o máis concorrido, tamén é o que dispón de máis servizos e máis facilidades para atopar tendas, albergues, hoteis, casas rurais e restaurantes. En Galician Roots visitámolos todos co obxectivo de ofrecer diferentes opcións que permiten cubrir os 100 quilómetros  de ruta con garantías, pois si algo desaconsellamos, é a improvisación.

As opcións son variadas, dende o esencial o máximo confort, e non só aptas para os que dispoñen de pouco tempo, si non tamén para aqueles que decidan realizar a versión máis larga do itinerario, pois tamén adaptamos a ruta as vosas preferencias. Sexa como sexa, animámosvos a facer o Camiño. Estamos convencidos de que os últimos 100 quilómetros serán un bo aperitivo que vos fará repetir.

https://www.galicianroots.com/gl/viajes/el-camino-de-santiago/el-camino-frances.htm

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.