×
18/02/2019
MISA DO PEREGRINO DURANTE O ANO 2019

Este ano 2019 o interior da Catedral de Santiago de Compostela verase sometida a numerosas obras de restauración no seu interior restrinxindo o uso do botafumeiro e algúns cultos. Aínda así a catedral permanecerá aberta para os visitantes; as misas e os actos relixiosos serán celebrados en capelas e outras igrexas da cidade no canto do Altar Maior. Este programa de restauración segue ao xa iniciado coa fachada da catedral cuxas obras foron rematadas o pasado ano 2018 e da que se pode gozar a día de hoxe. A catedral permanecerá aberta para os peregrinos das 9:00h. ás 19:00h. e poderase acceder á mesma desde a porta que dá á Praza de Praterías. Tamén se poderá seguir gozando do rito do abrazo ao Apóstolo no seu camarín e descender á cripta apostólica.

A catedral atópase nestes momentos con continuos traballos de restauración seguindo os xa realizados na Torre do Reloxo, a fachada da Azabachería, o Portico Real, as cubertas do Portico, as Torres da fachada, a fachada da praza do Obradoiro, a terraza e cripta, os zocalos da Capela Maior e as cubertas de Cabeceira.

As misas celebraranse nas seguintes igrexas con estes horarios:

Misa do peregrino:
Igrexa de San Francisco todos os días ás 12:00 h. Atópase a escasos 300 metros da catedral.

Igrexa de Santa María de Salomé celebrará a misa da eucaristía:
De luns a venres: 7:30h. / 9:00h. / 10:00h. / 19:00h.
Sábados: 7:30h. / 9:00h. / 10:00h. / 18:00h. / 19:00h.
Domingos: 7:30h. / 9:00h. / 10:00h. / 13:00h. / 18:00h. / 19:00h.
 
As misas da parroquia da Corticela mantén o seu horario habitual ás 11:00h.

As misas en diferentes linguas para grupos de peregrinos distribuiranse nas igrexas de Santa María de Salomé, San Fiz de Solovio, a capela do Centro internacional de Acollida ao Peregrino e na igrexa de San Fructuoso.

As misas das principais festas e solemnidades como a Festividade do Apóstolo, a Misa Crismal e o San Juan de Ávila celebraranse na igrexa de San Martín Pinario.
 
As confesións tamén tiveron que ser modificadas e celebraranse nas igrexas de San Fiz de Solovio, a Capela de Ánimas, a Igrexa da Oficina do Peregrino, a Igrexa de San Francisco e Santa María De Salomé.

Se necesita máis información pode contactarnos na seguinte ligazón:
https://www.galicianroots.com/gl/

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.