×
09/02/2021
No ano 2019 foron 347.511 as Compostelas que se selaron na Oficina do Peregrino en Santiago de Compostela. Isto ocasionaba grandes colas e que moitos peregrinos tivesen que esperar máis de 2 horas para obter o certificado oficial da súa peregrinación. En previsión da celebración do ano Xacobeo 2021 e o aumento do número de visitantes a Oficina do Peregrino instalou un novo sistema en liña para obter a Compostela, desta maneira preténdese minimizar os tempos de espera e mellorar a xestión das colas.

O certificado da Compostela só se pode solicitar se realizaches unha peregrinación mínima de 100kms a pé ou de 200kms en bicicleta. Para iso é necesario presentar a Credencial do Peregrino debidamente selada. Se aínda non sabes como funciona a credencial do peregrino na seguinte ligazón deixámosche toda a información:
https://www.galicianroots.com/gl/noticia/credencial-del-peregrino-y-compostela.htm

Co novo sistema deberás primeiro coller quenda para poder solicitar o certificado na Oficina do Peregrino. O número de quendas é limitado por este motivo recomendámosche que chegues pronto pola mañá para asegurarte de que tes quenda ese mesmo día. Se os números esgótanse terás que esperar ao día seguinte e se xa tes voo de volta reservado, como é habitualmente o caso, poida que non consigas solicitar o teu certificado. Ten en conta que non será posible facer a solicitude en liña nin por teléfono por este motivo é tan importante saber como funciona este novo sistema.
 
A continuación detallámosche como funciona o novo sistema para obter o certificado da Compostela.

A escasos metros da Catedral na Rúa Carretas 33 atópase aberta a Oficina do Peregrino en horario de 10:30 h a 18:30 h, debes acceder á sala de espera e dirixirte á máquina expendedora de tickets para retirar o teu número. A máquina atópase na sala de espera que agora está situada baixando unhas escaleiras despois de pasar polo patio. Unha vez retirado o ticket poderás comprobar que contén un código  QR, este pode escanearse usando a cámara do teu móbil, isto funciona na maioría de dispositivos, senón terás que descargar unha aplicación específica para ler este tipo de código. Unha vez escaneado co teu teléfono móbil o código QR indicarache en tempo real o número que está a ser atendido, isto permitirache saber o estado da cola e calcular cando tes que presentarte na oficina, deste xeito evitaranse as aglomeracións e poderás gozar da cidade mentres tanto.

De todos os xeitos se así o consideras oportuno tamén podes quedarte na sala de espera, dispoñen de pantallas onde van indicando o número de quenda e a mesa onde te atenderán.

* Tal e como comentamos antes é importante ter en conta que en momentos de gran afluencia de peregrinos non se garante a recollida da Compostela na mesma xornada. 

A Oficina do Peregrino permanecerá pechada os días 25 de decembro, día de Nadal, e o 1 de xaneiro día de Ano Novo. Se chegas a Santiago de Compostela eses días despois de completar o Camiño de Santiago poderás obter a Compostela na Sancristía da Catedral.

Se tes calquera outra dúbida ou consulta podes contactar co equipo de Galician  Roots e estaremos encantados de axudarche.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.