×
17/10/2018
De acordo, pode que en Galicia non faga sol (polo menos non tanto como quixéramos), pero hai festas, e moitas. Miles de celebracións cun marcado carácter popular salpican o territorio o largo de todo ano, sobre todo no verán. E que outra cousa non, pero de bo comer, boa música e boa festa en Galicia sabemos bastante. Así que, non dubidedes en aproveitar a vosa peregrinación para coñecer e desfrutar desa outra faceta dos galegos tan afastada do tópico da morriña. Porque non todo vai ser camiñar…

Crédenos, a oferta festiva e cultural é tan ampla e variada que resultaría unha ousadía pola nosa parte intentar condensala ou facer unha selección. Por iso o mellor que podedes facer é ter a man os vosos móbiles e tablets para botar unha ollada a algunhas páxinas web que conseguiron poñer orde a marabunta de eventos. Un exemplo é feiras.galiciadigital.com, cos eventos do día e outros catalogados por categorías: mercados, feiras de artesanía, feiras medievais, festas patronais, festas gastronómicas, romarías… tamén é moi completa www.paxinasgalegas.es, unha web cun interesante buscador que nos permite encontrar festas e eventos en función da localidade, do produto ou da data. Para seguir a actualidade, resulta igualmente útil o perfil do Facebook Festas de Galicia, onde acostuman a colgar a programación de eventos que se celebran nos días futuros.

Independentemente disto, o ocio no Camiño de Santiago chega tamén da man das institucións, con iniciativas deseñadas especificamente para a ruta xacobea e as localidades polas que pasa. É o caso do programa de Música no Camiño, que entre o 1 de xuño e o 30 de setembro leva infinidade de actuacións musicais de balde os concellos do Camiño Francés. O entretemento está garantido nas rúas e prazas con grupos de baile, gaitas, corais polifónicas, bandas e charangas. Aínda así se o que vos interesa é coñecer moito máis de cerca a cultura galega, en Galician Roots ofrecémosvos a posibilidade de descubrir a nosa música tradicional mentres desfrutades dunha agradable cea. Nun ambiente íntimo, grupos locais interpretarán pezas típicas da zona, explicaranvos a súa orixe e amenizarán unha velada que non podería rematar de outra maneira máis que con unha boa queimada e a lectura do seu afamado conxuro.

Xunto con Música no Camiño existe tamén a programación doutro proxecto similar; Cultura no Camiño, que este ano entre abril e setembro levou un total de 323 actuacións escénicas a cargo de formacións artísticas a 81 localidades. Concertos de diversos estilos, teatro, danza, maxia e espectáculos circenses compoñen un intenso calendario cultural que fará máis atractiva a vosa peregrinaxe cara Santiago.

Como podedes ver, a oferta de ocio no Camiño é bastante ampla, pero hai algo máis que non deberiades obviar: a gastronomía, unha parte moi importante da cultura, e máis si falamos da cultura de Galicia, onde nos gusta comer tanto e tan ben. Dado que a gastronomía non consiste en probar e comer, en Galician Roots queremos convidarvos a que coñezades de primeira man o proceso de elaboración dos nosos pratos típicos máis famosos: o polbo á feira, os mariscos, a empanada, o pan, a repostería… A través dos talleres prácticos de unhas tres horas de duración, faredes vós mesmos os pratos ao tempo que se vos explicará todo o proceso de elaboración, recibiredes un completo receitario, e seredes os protagonistas da degustación! Botade un vistazo na nosa web e veredes que rápido se vos fai a boca auga… Non esaxeramos! 

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.