×
17/09/2018
Chegastes a Palas de Rei, ese punto do Camiño no que sente e se percibe de forma diferente. As etapas superadas convertéronvos en expertos peregrinos e a meta está cada vez máis preto. Coa sensación propia de comezar a conta atrás, atravesaredes a comarca da Ulloa e o seu amplo patrimonio artístico, reflexo dun fecundo pasado señorial que salpicou o territorio de fortalezas, torres, castelos e numerosos pazos e casas blasonadas. A beleza paisaxística é outro dos atractivos destas terras que serviron de inspiración para a mellor novelista española do século XIX, Emilia Pardo Bazán, cuxa obra máis soado titúlase, precisamente, Os pazos de Ulloa.

Dese pasado señorial consérvase en Palas de Rei un monumento excepcional: o Castelo de Pambre, un dos mellores exemplos da arquitectura militar de Galicia e a única fortaleza que conseguiu sobrevivir á revolta dos Irmandiños; os campesiños sublevados que a mediados século XV loitaron contra a nobreza galega e os seus privilexios. Sen dúbida recomendariámosvos encarecidamente unha visita ao castelo.
Pero tamén a arquitectura relixiosa, con máis de 40 igrexas e capelas, ten en Palas de Rei outro punto de interese. A localidade estivo sempre moi vinculada ao Camiño de Santiago que, como sabedes, foi porta de entrada de coñecementos e de correntes artísticas. Entre elas, a arte románico, que deixou nestas terras uno dos seus principais referentes a nivel galego: a igrexa de Vilar de Doas. Declarada monumento histórico-artístico en 1.931, destaca tamén polos frescos góticos da súa ábsida central e polos sepulcros de cabaleiros da Orde de Santiago.

Como vedes, hai que camiñar cos ollos ben abertos na etapa ata Melide, de 14 quilómetros na que atoparedes pequenas costas, numerosos regatos, zonas sombrías e grandes extensións de prados. É a paisaxe típica dunha zona que se estende aos pés da Serra do Careón, un espazo natural protexido no que crece fauna endémica, infinidade de plantas medicinais e bosques autóctonos. Un deles, por exemplo, é a castiñeira que aparece en San Xulián do Camiño, a escasos quilómetros do punto de partida. Conta a lenda que Xulián, un nobre soldado, matou por erro aos seus pais. Para purgar o seu pecado estableceuse nese lugar como hospitalero xunto coa súa esposa Adela ata que recibiu a visita dun anxo comunicándolle o perdón divino.

Entre bosques de eucaliptos (que ata a vosa chegada a Santiago serán cada vez máis e máis frecuentes) alcanzaredes o lugar de O Coto, onde unha mouteira indícavos que acabades de entrar na provincia da Coruña. Non tardaredes en chegar a unha das aldeas máis pintorescas do Camiño: Leboreiro, co seu chan empedrado, un cruceiro e a igrexa de Santa María (S. XIII), declarada fito patrimonial do Camiño e con sensacionais murais no seu interior. Leboreiro, cuxo nome significa terra de lebres, acolleu un hospital de peregrinos fundado pola familia nobre de Ulloa.

Dende Leboreiro teredes que sufrir o tránsito por un polígono industrial antes de chegar a outro bonito enclave do Camiño; a aldea de Furelos, pola que transcorre o río do mesmo nome e á que se accede a través dunha maxestuosa ponte de catro arcos construído no século XII. Dende alí divisaredes o final da etapa: Melide. Pero antes de abandonar por unhas horas as vosas mochilas e repoñer forzas degustando algúns dos produtos estrela desta localidade, como son o polbo ou os melindres e ricos típicos da repostería Melidense, recomendámosvos que nalgún punto da etapa probedes tamén outro dos símbolos gastronómicos de Galicia; o queixo de tetilla con denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Elaborado con leite de vaca e de cortiza lisa e cerosa, é cremoso no inverno e máis seco e ácido no verán. Sexa como sexa, sempre se trata dunha boa opción para completar a etapa con bo sabor de boca.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.