×
17/02/2018
A maior parte dos peregrinos que deciden o facer o Camiño de Santiago fano durante as súas vacacións por iso é de vital importancia realizar unha boa preparación física para desfrutar da ruta e aproveitar o máximo estas vacacións tan desexadas.

Un bo adestramento permitiravos facelo con menor esforzo  e coa mente libre para poder admirar a paisaxe e evadirvos. A preparación pode variar en gran medida dependendo do número de quilómetros totais a realizar, é moi diferente comezar en Saint Jean Pied de Port (aproximadamente 785 quilómetros) ou si comezades en Sarria (113 quilómetros).

Outros aspectos a ter moi en conta é a idade, a forma física de cada un, a distancia a percorrer cada día por etapas e tamén o mero feito de ir só ou acompañado, xa que o Camiño así e moito máis ameno e faise moito máis levadío; recordarvos tamén que o Camiño non é unha competición, aconséllase ir parando para hidratarse, inxerir algún alimento e descansar.

A media das etapas no Camiño adoita ser de entre 20 e 25 quilómetros aproximadamente, chegando algunhas etapas a alargarse ata os 30 quilómetros. Por este motivo é importante prepararse con antelación suficiente para chegar a camiñar varios días consecutivos estas distancias sen lesionarse.

O calzado é un dos factores que máis condicionará o noso éxito, por esta razón é importante facerse con calzado de treking cómodo e que usásedes previamente. É aconsellable elixir a talla axeitada xa que os pés adoitan inchar o camiñar durante varias horas. Este calzado é o que deberedes usar durante o voso adestramento nos meses previos a viaxe, non é convinte estrear calzado para realizar a ruta. Recomendámosvos usar calcetíns axeitados, nin moi finos nin moi grosos e que se axusten ben o pé para evitar rozaduras e chagas.

Tamén hai que ter en conta si ides levar mochila e o seu peso. En caso de non utilizar transporte de mochilas e levar todo o voso equipaxe con vos e moi importante adestrar as últimas semanas co peso aproximado que soportarán as vosas costas. En este caso recomendámosvos levar só o estritamente necesario e colocalo de maneira que vaia ben repartido o peso.

A continuación propoñémosvos un adestramento orientativo que recomendamos comezar polo menos dous meses antes de realizar o Camiño, este adestramento é progresivo para aquelas persoas que están pouco ou nada acostumadas a camiñar. É aconsellable comezar a camiñar por lugares chairos e si é posible saír o monte nas tiradas máis longas da fin de semana  para ir acostumando as pernas os desniveis do Camiño.

Durante as primeiras catro semanas suxerímosvos camiñar tres días á semana, as tres seguintes aumentaredes un día por semana e a última semana será máis relaxada para que cheguedes con forzas.

É fundamental facer un quecemento antes de comezar a camiñar, por exemplo facer rotacións das articulacións que máis imos utilizar durante a camiñada como son nocellos, xeonllos, cadeira, tronco, ombreiros e pescozo. E o finalizar a sesión facer uns estiramentos  de entre 10 e 15 minutos, isto tamén se aplicará á hora de facer o Camiño despois de cada etapa e evitaranos ter agujetas e posibles lesións.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.