×
17/12/2018
A localidade de Sarria é outro dos lugares de Galicia fortemente unidos a tradición xacobea. A súa orixe, o seu pasado e o seu presente só poden explicarse en relación o Camiño Francés, dentro do cal goza dunha situación privilexiada: situada a 111 quilómetros de Santiago, é o primeiro punto válido en territorio galego para iniciar a peregrinación a pé, pois a distancia mínima para obter a Compostela son 100 quilómetros. Por este motivo, son moitos os peregrinos que escollen esta localidade lucense para comezar a camiñada.

Sarria foi fundada a finais do século XII polo rei Alfonso IX. Designo divino ou ironías da vida, a vila serviu de leito de morte para o monarca, que foi vítima dunha doenza insalvable precisamente durante unha peregrinación a tumba do Apóstolo para dar as gracias pola reconquista da cidade de Mérida. Deses anos de esplendor cultural e artístico o abrigo do Camiño de Santiago levantáronse  na comarca de Sarria ata once mosteiros. De todos eles, un dos máis destacados e de visita obrigada na actualidade, é o da Magdalena, que se ergueu a comezos do século XIII como hospital para atender os males dos peregrinos. Completaban a rede de servizos para camiñantes o hospital de San Antón e a leprosería de San Lázaro, da cal se mantén en pé a capela e que deu nome a un dos barrios máis coñecidos de Sarria.

O barrio de San Lázaro ten a súa propia personalidade. Con case 200 anos de historia, foi sempre berce de comerciantes e centro de intercambios e negocios. De esa tradición quedan aínda as feiras que se celebran na localidade os días 6, 20 e 27 de cada mes; auténticas marabuntas  de cores, sons e sabores que vos recomendamos visitar si podedes. Igualmente recomendable é un paseo pola Rúa do Porvir, onde atoparedes unha das sinais de identidade de Sarria: os anticuarios. En esta localidade de pouco máis de 13.000 habitantes concentrase boa parte dos coleccionistas de Galicia, facendo da vila un punto de referencia incluso a nivel nacional para a compra e venta de antigüidades.  Tanto é así, que dende fai dezasete anos Sarria acolle o última fin de semana de marzo a chamada Feira de San Lázaro, adicada as antigüidades, a restauración e coleccionismo.

O patrimonio arquitectónico e cultural de Sarria é moi conciso pero si de algo presume esta vila, e da súa torre grande de orixe medieval, herdeiro e único vestixio conservado dunha fortaleza de enormes dimensións destruída no 1.467 pola rebelión dos Irmandiños, como se denominou en Galicia a unha das maiores revoltas sociais de Europa, iniciada para poñer fin os privilexios e agravios que a nobreza inflixía o campesiño. Cos seus 15 metros de altura, a torre grande convértese nun magnífico miradoiro sobre o val de Sarria e nunha boa forma de divisar parte da vosa etapa ata Portomarín.   

Espéranvos 23 quilómetros dunha dificultade media. Afortunadamente, o bon descanso esta asegurado, pois Sarria dispón dunha ampla rede de aloxamentos. Cos músculos libres de tensións e a ilusión dunha nova etapa, abandonardes o casco urbano por unha pronunciada baixada que vos conducirá ata a bonita ponte de Áspera. A partires de aí comeza a costa máis dura ata chegar o lugar de Barbadelo, onde non podedes deixar de visitar a súa igrexa, construída no ano 976 e declarada Monumento Nacional. O camiño continua con un firme en bo estado atravesando regueiros e prados nunha baixada constante cara as ribeiras do río Miño, o máis importante de Galicia. Desemboca na estrada, lugar no que obteredes a primeira visión do embalse de Belesar. A poucos metros, o centro de Portomarín, fin de etapa e belo lugar sobre o que tamén temos moitas cousas que contarvos.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.