×
15/06/2020
O próximo ano afrontamos o Xacobeo 2021 con toda a ilusión do mundo, pasaron máis de 11 anos desde o último Ano Santo e en Galicia está todo preparado para que goces ao máximo desta gran celebración. As próximas citas para celebrar o Ano Xacobeo serán en 2027, 2032 e 2038. Son Ano Santo ou Xacobeo todos aqueles anos nos que o 25 de Julio, festividade de Santiago Apóstolo, coincide un domingo. Un ano moi especial no que ademais de conceder a indulxencia plenaria os peregrinos poderán acceder á Catedral pola Porta Santa que só se abre durante ese ano.

É unha oportunidade estupenda para realizar o Camiño de Santiago xa que ademais de todo o que conleva vivir a experiencia de realizar o Camiño Galicia ofrece múltiples actividades culturais nos pobos por onde pasan as etapas. Poderás empaparte de toda a nosa cultura con actuacións musicais e teatrais, exposicións, espectáculos a pé de rúa, festas gastronómicas e unha infinidade de actividades turísticas que viran en torno ao Xacobeo 2021.

Como comentábamos antes a Porta Santa estará aberta durante todo o ano Xacobeo 2021, segundo a tradición os peregrinos entran por ela á Catedral de Santiago desde a praza da Quintana, unha oportunidade que só sucede durante o Ano Santo. Tamén se poderá visitar a tumba de Apóstolo Santiago e ver todos os domingos durante a misa do peregrino o Botafumeiro, un dos grandes atractivos da Catedral.

Debido á gran afluencia de visitantes recomendámosche realizar o teu reserva con antelación para non perder a oportunidade de gozar do Camiño de Santiago durante o Xacobeo 2021. Trátase dun ano no que a afluencia de peregrinos multiplícase polo que é máis complicado atopar aloxamento así que non o penses máis e contacta connosco. O mes de xullo é un dos máis demandados xa que moitos queren chegar a Santiago o 25 de xullo no que ten lugar a festividade do Apóstolo Santiago.

Desde Galician Roots ofrecémosche todos os servizos e todas as comodidades para que poidas vivir a experiencia do Camiño de Santiago ao máximo, descobre todos os nosos roteiros; Camiño Francés, Camiño Portugués, Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Camiño Inglés, Camiño Fisterra e Muxía e todos os camiños en bicicleta:
https://www.galicianroots.com/el-camiño-de- santiago. htm
 
Encargarémonos de organizar o teu Camiño de Santiago reservando os aloxamentos segundo as túas preferencias, dispoñemos de varias categorías de aloxamento para adaptarnos aos teus gustos e preferencias. Ademais encargarémonos de asesorarte e planificar todo o teu Camiño de Santiago cos servizos que poidas necesitar, desde o traslado desde o aeroporto de Santiago ata o inicio da túa peregrinación, servizo de  picnics, masaxes e moito máis.

E unha vez realizado o Camiño tamén che ofrecemos diferentes excursións para coñecer Galicia; porque Galicia ten unha riqueza cultural e paisaxística única, poderás descubrir as Illas Cíes, a Costa da Morte, a Praia das Catedrais etc… podes consultar todas as nosas visitas na seguinte ligazón:
https://www.galicianroots.com/gl/viajes/descubre-galicia/ciudades-de-galicia.htm

Non esperes máis, reserva a túa praza para realizar o Camiño de Santiago este Xacobeo 2021 da man de Galician Roots ou contacta connosco e axudarémosche a planificar a túa viaxe.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.