×
Excursión A Coruña

Descobre Coruña e os súas incribles vistas ao mar Atlántico con esta excursión guiada de 1 día por unha das cidades máis emblemáticas de Galicia. Inclúe traslados, guía e entradas.

Dende 55,00€ Reservar
Excursión a Ourense

Visita o casco antigo de Ourense e reláxate nas súas termas. Propoñémosche descubrir esta cidade de mananciais termais con traslados, guía, entradas a monumentos e as termas.

Dende 55,00€ Reservar
Excursión a Pontevedra

Pontevedra non te deixará indiferente cas súas casas brasonadas, os seus soportais e rúas empedradas. Ofrecémosche visitar esta preciosa cidade con traslados, guía e entradas.

Dende 50,00€ Reservar
Excursión a Lugo

Lugo e os seus vestixios romanos namorarante ca súa Muralla que rodea o casco antigo e polo que poderás pasear. Goza desta marabillosa cidade con traslados e guías.

Dende 50,00€ Reservar
Excursión a Vigo

Vigo fascinarate cas súas praias con vistas as Illas Cíes, o seu casco antigo e os seus mercados de peixe. Suxerímosche unha visita con traslados, guía, entradas a monumentos.

Dende 50,00€ Reservar

Descubre o mellor de Galicia con Galician Roots

Galicia é un lugar máxico

Galicia é unha comunidade cunha riqueza paisaxística e cultural única. Como bos galegos estamos convencidos de que si ves a Galicia namoraraste da nosa terra e vas querer volver. Por este motivo en Galician Roots preparámosche unha gran oferta de excursións e rutas para que descubras o noso pequeno recuncho de paraíso e o poidas gozar tanto como nós.

Porque Galicia non é só Camiño de Santiago si non unha infinidade de lugares: praias cristalinas e remotas nas Illas Cíes, montes infinitos nas Fragas do Eume, viñedos interminables na Ribeira Sacra e cidades impresionantes como Santiago, Lugo, Ourense e moito máis...

Descubre os mellores recunchos de Galicia connosco: encargarémonos de recollerte e trasladarte, ensinarémosche o mellor de cada lugar e estarás sempre acompañado dun guía oficial que falará o teu idioma e responderá a todas as túas preguntas.

E se prefires realizar unha excursión a medida non dubides en contactarnos e ocuparémonos de preparar unha excursión personalizada en Galicia para ti.

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.
Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.