×
Coñece Galicia

Descobre o máxico mundo de Galicia visitando os puntos máis emblemáticos e espectaculares da súa xeografía. Nunha semana namoraraste da nosa terra, a súa cultura e tradición.

Dende 695,00€ Reservar
Excursión á Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais é unha marabilla da natureza, un lugar único polo que poderemos pasear entre os seus arcos e covas de pedra. En esta excursión visitaremos tamén Ribadeo, Rinlo e Mondoñedo e a súa catedral.

Dende 75,00€ Reservar
Xornada de Ecoturismo

Ofrecémosche nesta actividade guiada descubrir unha aldea nun entorno puramente ecolóxico: a granxa, as súas construcións ecolóxicas, o economuseo, os seus produtos e a súa forma de vida.

Dende 25,00€ Reservar

Descubre o mellor de Galicia con Galician Roots

Galicia é un lugar máxico

Galicia é unha comunidade cunha riqueza paisaxística e cultural única. Como bos galegos estamos convencidos de que si ves a Galicia namoraraste da nosa terra e vas querer volver. Por este motivo en Galician Roots preparámosche unha gran oferta de excursións e rutas para que descubras o noso pequeno recuncho de paraíso e o poidas gozar tanto como nós.

Porque Galicia non é só Camiño de Santiago si non unha infinidade de lugares: praias cristalinas e remotas nas Illas Cíes, montes infinitos nas Fragas do Eume, viñedos interminables na Ribeira Sacra e cidades impresionantes como Santiago, Lugo, Ourense e moito máis...

Descubre os mellores recunchos de Galicia connosco: encargarémonos de recollerte e trasladarte, ensinarémosche o mellor de cada lugar e estarás sempre acompañado dun guía oficial que falará o teu idioma e responderá a todas as túas preguntas.

E se prefires realizar unha excursión a medida non dubides en contactarnos e ocuparémonos de preparar unha excursión personalizada en Galicia para ti.

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.
Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.