×

El Camino Primitivo

Un sendero exigente marcado por las montañas

O Camiño Primitivo de Santiago é considerado o primeiro roteiro de peregrinación xacobea, a súa orixe remóntase á peregrinación do rei Alfonso II de Asturias “alcumado o Casto” que percorreu o roteiro ao decatarse do descubrimento da tumba do Apóstolo Santiago no ano 813 d. c.

O Camiño Primitivo é probablemente un dos roteiros máis esixentes do Camiño de Santiago aínda que a pesar da súa dificultade tamén ofrece algunhas das etapas con máis encanto pola beleza das súas paisaxes e a fermosura dos pobos polos que discorre. O Camiño Primitivo comeza na catedral da cidade de Oviedo e percorre parte da metade occidental de Asturias polo interior pasando por Grao, Salas, Tineo, Borres, Pola de Allande, a Mesa e Grandas de Salime.

O Camiño Primitivo penetra en terras galegas pola Fonsagrada,  Cádavo #Baleira, Castroverde e Lugo. Esta última é unha das cidades máis importantes de Galicia e atesoura xoias arquitectónicas dignas de admirar como a muralla que rodea o casco antigo pola que poderás pasear. O Camiño Primitivo únese ao Camiño Francés en Melide e continúa por este roteiro ata Santiago de Compostela.

O equipo de Galician  Roots ofréceche toda a súa ampla experiencia adquirida ao longo dos anos para que realices o Camiño Primitivo organizado gozando da diversidade que ofrece Galicia e Asturias: historia, bonitas paisaxes, a hospitalidade das súas xentes e o gusto por unha boa gastronomía. Descobre as distintas alternativas que che ofrecemos para realizar este roteiro do Camiño de Santiago e se non atopas o que buscas non dubides en contactarnos.

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.
Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.