×

O Camiño de Santiago en bicicleta

Galician Roots

O Camiño de Santiago en bicicleta

Unha gran aventura para todos os públicos

Realizar o Camiño de Santiago en bicicleta é una experiencia única e motivadora. En Galician Roots somos conscientes da gran cantidade de afeccionados que lles apaixona montar en bicicleta por iso ofrecemos todas as facilidades para realizar o Camiño de Santiago en bici. Tanto si estás preparado fisicamente para realizar grandes distancias como si simplemente che gusta pasear en mountain bike de vez en cando nós adaptámonos a ti para que poidas realizar etapas curtas acorde as túas preferencias.

Ofrecémosche a posibilidade de alugar a bicicleta trasladándoa o inicio da etapa e entregándocha no primeiro hotel no que te hospedes, non terás que preocuparte de nada máis que de pedalear e desfrutar da aventura do Camiño de Santiago. A túa chegada a Santiago indicarémosche un punto de entrega.

Podes reservar unha das nosas viaxes organizadas para realizar o Camiño de Santiago en bicicleta ou si o prefires podemos crear a túa viaxe cos servizos que solicites. A nosa lista de servizos para realizar o Camiño en bicicleta inclúe por exemplo talleres de asistencia técnica durante a ruta por si tiveras algún tipo de contratempo, accesorios para bicicleta como casco, alforxas, ferramentas, gps e moito máis... Ademais tamén che ofrecemos servizo de transporte de equipaxe durante as etapas, seguro de viaxe, picnic, servizo de masaxes e asistencia telefónica durante a viaxe entre outros servizos.

Son varios os puntos de partida dende os que podes realizar o Camiño de Santiago en bicicleta. Si elixes o Camiño Francés son moitas as cidades de suma importancia dende as que podes iniciar a túa ruta: a localidade francesa de Saint Jean Pied de Port, Roncesvalles, Pamplona, Logroño, Burgos, León ou Sarria, punto dende onde poderás realizar os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago e obter a Compostela. Si elixes o Camiño Portugués de Santiago podes comezar dende Lisboa, Oporto ou Tui entre outros.

En Galician Roots tamén organizamos o Camiño de Santiago en bicicleta nas rutas do Camiño do Norte, Primitivo, Inglés ou o Camiño de Fisterra e Muxía. Descubre todas as nosas rutas para realizar o Camiño en bicicleta e anímate a pedalear o Camiño de Santiago con Galician Roots. Si non atopas unha viaxe adaptada as túas preferencias non dubides en contactarnos.

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.