×

O Camiño do Norte

Galician Roots
O Camiño do NORTE

Recorre o Camiño do Norte partindo do pobo mariñeiro de Ribadeo, con visitas tan imprescindibles como a Catedral de Mondoñedo ou o Mosteiro de Sobrado dos Monxes.

Dende 590,00€ Reservar

CAMIÑO DO NORTE

Unha ruta polo litoral cantábrico e o interior de Galicia

O Camiño do Norte tamén coñecido como Camiño da Costa é a terceira ruta máis popular do Camiño de Santiago actualmente, aínda así o número de peregrinos que se decantan por esta opción é netamente inferior. Discorre por toda a costa cantábrica dende o País Vasco pasando por Asturias ata chegar a Galicia. Trátase dun dos camiños con más antigüidade histórica e soados peregrinos como San Francisco de Asís recorreron esta ruta.

Esta ruta declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2005 é unha boa alternativa si xa realizaches o Camiño Francés anteriormente. O Camiño do Norte brinda a oportunidade de descubrir cidades marabillosas con San Sebastián, Bilbao, Santander ou Xixón. A pesares do seu marcado entorno urbano en algúns puntos da ruta caracterízase por alternar tramos de montaña e mar.

A súas paisaxes verdes e boscosas e as súas vilas mariñeiras con encanto son o seu aceno de identidade. O percorrido abandona o litoral e penétrase no interior de Galicia por Ribadeo. Comezando dende Ribadeo o Camiño do Norte suma aproximadamente 198 quilómetros ata chegar ata Santiago pasando pola reserva da biosfera do río Eo a as Terras do Miño.

Si o que desexas e desfrutar dunha ruta con menos masificación déixate seducir por novas propostas do Camiño do Norte. Si prefires personalizar a túa viaxe ou comezar dende calquera outro punto non dubides en contactarnos e faremos todo o posible para que o teu Camiño de Santiago do Norte sexa único.

¡Aventúrate a descubrir esta ruta con Galician Roots!

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.