×

O Camiño Francés

Galician Roots

O CAMIÑO FRANCÉS

La ruta con más tradición

O Camiño Francés é na actualidade a ruta xacobea máis transitada e famosa do Camiño de Santiago e a que maior historia ten. Apareceu no Códice Calixtino no ano 1135 e a día de hoxe segue aglutinando a maioría de peregrinos que deciden sumarse a esta gran aventura. A gran riqueza desta ruta fixo que fora declarada Patrimonio mundial da Humanidade no ano 1993 pola UNESCO.

O Camiño Francés cruza toda a península ibérica pasando por lugares tan emblemáticos e únicos como Logroño, Burgos ou León. A súa gran variedade de paisaxes e a gran oferta de aloxamentos fan que sexa a ruta perfecta para iniciarse no Camiño de Santiago. Sarria segue sendo o punto de partida preferido polos peregrinos para comezar a súa andadura polo Camiño Francés xa que representa o tramo dos últimos 100 quilómetros a Santiago e pode realizarse en apenas 7 días permitindo tamén obter o certificado da Compostela.

En Galician Roots ofrecémosche varias opcións para descubrir esta fantástica ruta do Camiño de Santiago, poderás comezar dende Roncesvalles, Pamplona, Logroño, Burgos, León, O Cebreiro, Sarria e máis puntos desta ruta. Descubre todos as nosas viaxes do Camiño Francés, si non atopas unha viaxe que se adapte as túas necesidades ou queres comezar dende calquera outro punto non dubides en contactarnos xa que podemos organizar a túa viaxe a medida, cubrimos os case 795 quilómetros do Camiño Francés dende Saint Jean Pied de Port en Francia ata Santiago.

¡Non agardes máis e desfruta desta marabillosa aventura con Galician Roots!

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.