×

O Camiño Inglés

Galician Roots

O CAMIÑO INGLÉS

Un percorrido con influencia escandinava e británica

O Camiño Inglés de Santiago ten as súas orixes nos peregrinos que navegaban cara as costas galegas dende as illas Británicas: Inglaterra, Escocia, e Irlanda e tamén dende os Países Baixos e escandinavos tendo como referencia o porto de Ferrol e a Coruña. Xa en terra o Camiño Inglés en Galicia parte dende a cidade herculina ou dende Ferrol.

Normalmente os peregrinos comezan en Ferrol debido a que a distancia que os separa de Santiago é de 120 quilómetros aproximadamente e permitindo así obter a Compostela, non sendo así dende a Coruña onde a distancia e inferior os 100 quilómetros. Recomendámosche visitar ambas cidades xa que seguro non te arrepentirás, tanto polos seus monumentos como pola súa gastronomía e respectivos ambientes que te farán comezar o Camiño Inglés con máis afán.

En Ferrol poderás visitar a zona vella, o barrio da Magdalena, o barrio de Canido coa súa ruta das meninas e o Castelo de San Felipe. Na Coruña tamén coñecida como cidade de Cristal, desfrutarás da súa zona antiga medieval, a Torre de Hércules, que é o faro máis antigo do mundo en funcionamento cos seus case 60 metros de altitude, o Castelo de San Antón e as praias do Orzán ou Riazor.

O Camiño Inglés ademais de ser un dos Camiños de Santiago con menos afluencia para peregrinos descubrirache as Rías Altas galegas pasando por Pontedeume, a zona antiga da vila de Betanzos co seu conxunto histórico-artístico e os pobos rurais do interior de Galicia como son Hospital de Bruma ou Sigüeiro. ¿A que agardas para descubrir a nosa proposta do Camiño Inglés?

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.