×

O Camiño Portugués

Galician Roots

O CAMIÑO PORTUGUÉS

Un percorrido que une a beleza de Portugal e Galicia

O Camiño Portugués é actualmente a segunda ruta xacobea máis popular despois do Camiño Francés. Esta ruta comezou a ter gran peso a partires do século XII dende a independencia de Portugal. O gran apoio recibido por parte da coroa e a nobreza lusa contribuíron a establecer lazos culturais e económicos entre os dous países que fomentaron e impulsaron dita ruta.

O Camiño Portugués do interior ou central comeza en Lisboa e percorre varias cidades e poboacións lusas con encanto como Oporto, Ponte de Lima e Valença do Minho. A día de hoxe o seu trazado segue conservando partes da calzada romana orixinal. A ruta con maior afluencia comeza dende Tui, en Galicia, e continua por Pontevedra elixida recentemente como a cidade europea máis cómoda para vivir. O Camiño Portugués dende Tui é a segunda ruta preferida polos peregrinos para realizar o Camiño de Santiago; o seu trazado acumula aproximadamente 117 quilómetros e é posible realizalo en apenas unha semana.

Outra variante que está gañando adeptos é o Camiño Portugués pola costa que comeza en Oporto e cruza o río Miño pasando por A Guarda e Baiona e únese o Camiño Portugués polo interior en Redondela. Esta singular variante caracterízase polas praias, acantilados e bosques e é outra gran opción para descubrir máis acerca da ruta xacobea o seu paso por Portugal e España.

Si xa estás iniciado no Camiño de Santiago e queres realizar outra nova ruta con infinidade de posibilidades descubre todas as nosas propostas de viaxes do Camiño Portugués. Si non atopas a viaxe que se adapte as túas preferencias non dubides en contactarnos e realizaremos unha viaxe a medida para ti.

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.