×
17/04/2017
Prolongación a Fisterra e Muxía

A mellor alternativa para atoparse cun mesmo, para a reflexión, para ir máis alá. Esa é a verdadeira filosofía desta variante do camino que comeza donde todos os demais  rematan para levarnos ata o fin do mundo, ata Finisterrae, o encontro co noso interior e o abismo. Resulta difícil atopar calificativos para esta ruta, marcada pola forte carga simbólica e na que confluen o relixoso, o telúrico e o pagano, a historia e o mito, o espiritual eo terrenal.

É un camiño diferente; a súa orixe está na propia Praza do Obradoiro e a meta en dous lugares que son auténticos símbolos de Galicia. Fisterra e Muxia. O primeiro e a punta máis occidental de Europa, o último reduto de terra coñecida para os romanos, en cuxa costa estaba o Ara Solis, o altar do culto o sol que o apóstolo mandou destruir. Cuna de todo tipo de crenzás pagás, a día de hoxe segue sendo esceario de ritos de purificación onde os peregrinos despréndense do terrenal queimando a súas roupas ou abandoando os seus zapatos.

A segunda meta é Muxía, co seu santuario da Virxe da Barca alzándose impoñente ante o mar e desafiando a bravura que caracteriza as ondas na coñecida como Costa da Morte. Ata alí chegou a virxe nunha barca de pedra para dar ánimos o Apóstolo Santiago ante o pouco crédito que tiñan as súas verbas entre as xentes daquelas terras.

É tal a singularidade e o atractivo desta ruta, que na actualidade é un dos trazados que gaña ano tras ano máis peregrinos. Divídese en catro longas etapas á que se pode engadir unha quinta entre Fisterra e Muxía.

Santiago – Negreira (21 km)
Negreira – Olveiroa (33 km)
Olveiroa – Fisterra (30 km)
Olveiroa – Muxía (31,5 km)
Fisterra – Muxía (28 km)

Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla

Unha forma diferente de facer o camiño. Apegada o relato histórico, esta ruta semella o traxecto que cubriu a barca cos restos do Apóstolo ata a súa chegada á localidade de Padrón, onde foi atada a un gran bloque de granito ( O Pedrón) que se conserva baixo o altar maior dunha das súas igrexas, a de Santiago.

O camiño pode comezarse no porto do Grove ou no de Ribeira. Ámbolos dous flanquean a máis extensa das rías galegas, a de Arousa, e dise que os seus habitantes foron os primeiros en avistar a nave de pedra portando o corpo decapitado do Apóstolo. Dende alí haberá que navegar 40 millas náuticas por mar e polo Río Ulla ata alcanzar Padrón, para completar camiñando os 24,6 qilómetros que restan ata Compostela.

Os barcos chegados de demarcacións lonxanas poderán obter sen problema o recoñecemento xubileo, xa que se habilitaron diferentes puntos para selar as cartillas náuticas. Os que dispoñades de embarcación propia, no verán poderedes contratar o servizo si viaxades con un grupo de máis de 20 persoas.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.