×
25/05/2021
Sen dúbida esta é outra desas preguntas recorrentes que roldan na cabeza de calquera que se expoña realizar o Camiño de Santiago, un dos puntos importantes de partida antes da organización da mesma viaxe é valorar o seu custo. O Camiño de Santiago é unha alternativa de viaxe relativamente barata aínda que tamén dispón de servizos máis exclusivos para aquelas persoas que queiran realizalo con todo tipo de comodidades. Por iso esta pregunta ten múltiples respostas e opcións pero a continuación dámosche as claves para poder facer unha valoración real do prezo tendo en conta uns aspectos clave á hora de facer o teu orzamento.

En Galician  Roots ofertamos paquetes de viaxe do Camiño de Santiago que varían tanto en prezo como en servizos e comodidades e unha das nosas especialidades é deseñar viaxes a medida do cliente para adaptarnos tanto ao seu orzamento como ás súas preferencias. Na seguinte ligazón poderás consultar os nosos circuítos e facerte unha idea das opcións que existen:
https://www.galicianroots.com/gl/el-camino-de-santiago.htm
 
A continuación desagregámosche os diferentes factores que terás que ter en conta para valorar o que che pode custar realizar o Camiño de Santiago.
 
- Desprazamentos de ida e volta desde o teu lugar de orixe ao comezo de etapa.
Dependendo de cal sexa o teu destino tes que estudar cal é o medio de transporte que máis che convén: avión, coche, tren… Ten en conta que dependendo do medio de transporte que elixas e do punto de partida do roteiro que escollas do Camiño de Santiago probablemente teñas que engadir algún traslado. Se chegas en avión a Santiago de Compostela por exemplo e empezas o teu Camiño de Santiago desde Sarria terás que desprazarte ata alí en autobús ou traslado privado, este é un dos gastos que debes prever. Dependendo do punto de partida do roteiro e da túa orixe terás opcións máis ou menos caras.
Na seguinte ligazón deixámosche información útil acerca dos distintos medios de transporte que permiten conectar as principais cidades galegas co resto das cidades españolas e europeas.
https://www.galicianroots.com/gl/como-llegar.htm
 
- Días dos que dispós para realizar o Camiño de Santiago.
Non é o mesmo realizar o Camiño Francés desde Saint Jean  Pied de Port a Santiago de Compostela que desde Sarria. No primeiro caso necesitarías máis dun mes para realizar o roteiro e no segundo menos dunha semana iso implica un consecuente aumento do número de noites que terás que reservar. E aquí tamén influirá o seguinte punto crave da lista.
Nesta ligazón poderás ver os nosos paquetes de viaxe do Camiño de Santiago cos diferentes roteiros, lugares de inicio e prezos para que poidas facerte unha idea.
https://www.galicianroots.com/gl/el-camino-de-santiago.htm
 
- O tipo de aloxamento.
Xunto ao transporte este é probablemente o segundo punto máis importante da lista xa que fará variar o teu orzamento considerablemente dependendo do tipo de aloxamento que queiras reservar. A oferta de aloxamentos é moi variada (sobretodo no Camiño Francés); albergues, hostais, pensións, hoteis, casas rurais, pazos e paradores. Tal e como comentabamos antes a marxe de prezos é moi amplo, desde 10€ que custaría durmir nun albergue ata os 220€ aproximadamente que pode custar no Parador de Santiago. Como dixemos ao principio deste artigo o Camiño de Santiago é unha viaxe apta para todos os petos e pode adaptarse a todos os gustos, así que tanto se queres ser un peregrino tradicional e durmir en albergue coma se prefires durmir en hoteis de luxo e encanto todas as opcións son posibles. En Galician  Roots personalizamos a túa viaxe con todos os servizos extra que queiras.
 
- As comidas.
Do mesmo xeito que os aloxamentos aquí tamén a oferta é moi variada, tanto en número de establecementos como na calidade dos mesmos. Todo depende de canto esteas disposto a gastar, algúns peregrinos prefiren comprar un bocadillo ou levar  picnic para poder parar onde queiran e gozar das vistas, outros preferirán un bo prato quente nun restaurante. En Galicia se de algo podemos presumir é da nosa gastronomía e da calidade dos nosos produtos así que sabemos que este será probablemente un dos aspectos dos que máis gozarás ao longo da túa viaxe.
 
- Transporte de equipaxe.
É un servizo que cada vez utilizan máis peregrinos, ben por comodidade, por algún tipo de doenza que lles impide levar peso ás súas costas ou por espazo. O funcionamento é sinxelo; o peregrino deixa pola mañá preparada a mochila ou maleta na recepción do aloxamento e o noso servizo de transporte de equipaxe encargarase de levala ao seguinte aloxamento onde finaliza a etapa. Se reservas unha viaxe con Galician  Roots este servizo sempre está incluído por defecto en todos os nosos circuítos pero se reservas pola túa conta existen moitas empresas que ofrecen este servizo.
 
- Material necesario para a viaxe.
Aínda que o Camiño de Santiago non é unha viaxe moi técnica si é necesario algún tipo de material para a túa comodidade. Un bo par de botas de trekking ou un calzado cómodo para camiñar, unha mochila no caso de que non vaias utilizar o transporte de equipaxe e algunha que outra peza como un  chubasquero ou polar. Aquí tamén tes gran variedade de opcións e non é necesario gastar moito para poder empezar esta aventura ou quizais xa dispoñas de todo isto e non necesites investir diñeiro neste apartado.
 
- Lecer e gastos extra.
Este é probablemente un dos apartados máis difíciles de calcular xa que todo dependerá do que queiras facer ao longo do roteiro ou ao finalizar a túa viaxe. Se ao finalizar das etapas decides pararte a tomar algo, se tes pensado realizar algunha excursión ou visitar algún museo e tamén se queres comprar algún agasallo. Esta parte é difícil de cuantificar así que sempre aconsellamos ter unha cantidade fixa da que ir gastando.
 
Tendo en conta todos os puntos mencionados anteriormente poderás facer unha valoración do custo da túa viaxe do Camiño de Santiago. Lembra que en Galician Roots ofrecémosche circuítos do Camiño de Santiago adaptados ao teu orzamento e preferencias. Ademais ofrecemos outros moitos servizos que poderán axudar a que o teu Camiño sexa máis cómodo; traslado desde o aeroporto, estación de tren ou calquera outro punto de Galicia ao comezo da primeira etapa, seguro de viaxe,  picnic para levar durante as etapas, servizo de masaxe, excursións por Galicia á túa chegada a Santiago despois de rematar o Camiño etc…
 
Así que se o que queres é  despreocuparte e gozar do Camiño de Santiago sen complicacións non dubides en contactarnos e axudarémosche con todos os detalles da túa viaxe do Camiño de Santiago.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.