×
31/10/2019
O Ano Xacobeo ou Ano Santo celébrase nos anos en que o 25 de Xullo coincide en domingo, este feito sucede tan só 14 veces cada século por este motivo considérase un evento moi especial de gran calado entre os fieis cristiáns e a afluencia de peregrinos que realizan o Camiño de Santiago durante ese ano aumenta notablemente. Os anos Xacobeos que coinciden coa festividade de Santiago Apóstolo un domingo ocorren cada 6, 5, 6 e 11 anos.
 
Durante o Ano Santo os peregrinos crentes poden conseguir o seu xubileu xa que a igrexa católica concede o perdón dos pecados aos fieis que visiten a Catedral de Santiago, asistan á Santa Misa, recen unha oración, reciban os santos  sacramentos, a comuñón e visiten a tumba do Apóstolo Santiago. Os Anos Santos ou Xacobeos fixeron que ao longo dos séculos miles de peregrinos de todos os recunchos do mundo camiñasen ata a tumba do Apóstolo. No ano 2010 celebrouse o último Ano Santo e o próximo ano Xacobeo será no ano 2021.
 
A inauguración do Ano Xacobeo realízase na tarde do 31 de decembro do ano anterior cando abren a Porta Santa. Realízase unha cerimonia na que o arcebispo de Santiago golpea tres veces cun martelo de prata o muro que pecha a entrada da Catedral que está situada na Praza da Quintana, o muro simboliza a dureza do Camiño de Santiago. A continuación derrúbase o muro que dará entrada aos miles de peregrinos que cheguen a Santiago de Compostela e queiran acceder ao templo. Esta entrada estará aberta os seguintes 12 meses, o 31 de decembro do Ano Santo volve pechar ata o próximo Ano Xacobeo.
 
Hoxe en día o acceso que utilizan os peregrinos non é a entrada orixinal. Debido ás obras levadas a cabo na capela do Salvador, a porta santa xa non ten a súa función icónica ao ser desprazada uns graos á dereita. Antigamente estaba orientada cara ao leste e simbolizaba o final da peregrinación a Santiago de Compostela. A actual entrada foi realizada en bronce no ano 2004 polo escultor Compostelán Suso León.
 
Na actualidade son cinco os lugares no mundo onde se realiza o ano xubilar: Santiago de Compostela, Caravaca de la Cruz,  Liébana, Santo  Toribio, Roma e Xerusalén así que se estás a pensar en realizar o Camiño de Santiago durante o Xacobeo 2021 non esperes máis e comeza a planificar a túa viaxe connosco. Ao tratarse dun evento especial os aloxamentos esgótanse con moita antelación por iso en Galician  Roots recomendámosche que reserves a túa viaxe con tempo suficiente para asegurarche que non quedas sen a túa praza. E se non podes acudir ese ano lembra que o Camiño de Santiago sempre é boa idea.

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.