×
17/01/2017
Bautizárona como o fin do mundo, como a terra dos dez mil ríos ou como o país de un millón de vacas. Son tres definicións moi diferentes para un lugar único: Galicia, esa esquina verde do noroeste de España donde a choiva é arte sobre a pedra mollada e o sol é o bálsamo das paisaxes tan belas como dispares.

Son tantos os segredos  que esconde Galicia! Sabedes que aquí encóntrase a praia máis bonita do mundo? Non o decimos nós, dio The Guardian. Chámase Rodas e está nas Illas Cíes, un parque natural bañado polas augas do Atlántico. Máis de cen quilómetros cara o norte, na Praia do Orzán, poderedes escoitar o son do mar máis bonito de todo o planeta. Aquí está tamén a única muralla romana que se conserva enteira, cos seus máis de dous quilómetros, e o faro en funcionamento máis antigo do mundo; ambos os dous son patrimonio da humanidade.

Pero o encanto de Galicia está tamén nas pequenas cousas, nos praceres diarios como disfrutar da comida en boa compaña. Si por algo somos coñecidos os galegos é pola nosa gastronomía e polo ben (e moito) que se come aquí. A bravura das augas batidas do norte proporciónanos mariscos de excelente calidadade e o clima do sur as condicións idóneas para producir os mellores viños. Das montañas e os vales do interior sae a fermosa carne de tenreira galega e os típicos queixos de tetilla, únicos pola súa forma e sabor.

A esta receita exquisita hai que engadir un ingrediente especial: o apego a tradición, que impregna non só a nosa cociña si non tamén a nosa música, os nosos mitos e lendas e incluso a nosa forma de ser. Con fama de desconfiados, enseguida descubriredes que a distancia do primeiro momento só é un escudo de protección baixo o que escondemos un carácter xentil, próximo e moi hospitalario.

A xente, o mar, a terra húmida, os montes frondosos, a auga na choiva e nos ríos, a pedra, a tradición… e o camiño. O camiño de Santiago, ese conglomerado de roteiros que sucan as entrañas desta terra, que xunta a suas esencias e convértese na mellor forma de coñecer Galicia, unha terra difícil de definir ainda para os que nacimos aquí e medramos nela.

Quizais o seu encanto sexa un misterio, como as nosas meigas: ninguén as viu pero “habelas hainas”.

Só hai algo seguro: quen visita Galicia, repite. Animámoste a que descubras os seus segredos!

Blogue

Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.