×

Fisterra - Muxía

Galician Roots

O CAMIÑO DE FISTERRA E MUXIA

Unha senda para chegar ata a fin da terra

Despois de finalizar o Camiño de Santiago son moitos os peregrinos que deciden continuar o seu traxecto ata Fisterra e Muxía. Aínda que esta ruta parece ter unha orixe contemporánea a súa historia remontase a Idade Media cando os antigos peregrinos crían que Fisterra era o último bastión da terra: “a fin do mundo”. Eran moitos os peregrinos que acudían a contemplar a inmensidade do Océano Atlántico e a súa espectacular posta de sol. Nos seus comezos esta ruta era pagá e co paso do tempo sufriu un proceso de cristianización, a partir do século XII o Códice Calixtino xa vincula este Camiño coa tradición xacobea.

Dámosche a oportunidade de percorrer o Camiño de Fisterra e Muxía con Galician Roots polo interior de Galicia entre pequenos núcleos urbanos e frondosos bosques. Xa na Costa da Morte poderás desfrutar dos bonitos pobos mariñeiros e as praias salvaxes. Do mesmo modo que o Camiño de Santiago ten a Compostela neste Camiño poderás ir selando a túa credencial para obter a Fisterrana e a Muxiana.

En Galician Roots axudámosche a realizar a túa viaxe do Camiño de Fisterra e Muxía ofrecéndoche todos os servicios necesarios para que sexa unha experiencia inesquecible. Poderás durmir nos mellores aloxamentos, esquecerte das túas maletas co noso transporte de equipaxe e para os teus desprazamentos facilitamos os traslados dende Fisterra ou Muxía ata Santiago ou o aeroporto. Ademais tamén dispoñemos dun servicio de picnic, servicio de masaxes, adaptamos as distancias das etapas as túas necesidades e sempre incluímos asistencia telefónica en viaxe para xestionar calquera tipo de inconveniente que che poida xurdir.

¡Camiña ata a fin do mundo con Galician Roots!

Camiño de Santiago personalizado

O teu Camiño á carta

En Galician Roots estamos especializados en ofrecer aos nosos clientes circuítos personalizados para percorrer as rutas do Camiño de Santiago para visitar Galicia. Somos de Galicia e fascínanos a nosa terra e o Camiño.

Dispoñemos dunha gran variedade de opcións e servizos para que o teu Camiño de Santiago sexa tal e como o soñaches. Poderás empezar a túa ruta dende un punto determinado, acurtar as etapas e realizar menos quilómetros, descargar os teus músculos cunha masaxe ao chegar ao teu aloxamento, degustar produtos típicos, visitar lugares únicos da nosa xeografía, gozar dunha cea con música tradicional galega e moito máis...

Non dubides en contactarnos e darémosche máis información acerca de todos os nosos servizos opcionais. Podes elixir calquera das nosas viaxes organizadas ou se o prefires elaboraremos unha viaxe integramente á túa medida.
  • Gran selección de aloxamentos
  • Itinerarios personalizados
  • Asistencia ao longo de toda a viaxe
  • Degustacións gastronómicas e catas
  • Visitas culturais privadas
  • Sesións de fisioterapia
  • Ceas con música tradicional
  • Traslado desde o aeroporto ata o teu punto de partida
  • Aluguer de bicicletas
  • E moito máis...

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.

Síguenos

Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.