×
Coñece Galicia

Descobre o máxico mundo de Galicia visitando os puntos máis emblemáticos e espectaculares da súa xeografía. Nunha semana namoraraste da nosa terra, a súa cultura e tradición.

Dende 695,00€ Reservar
Excursión A Coruña

Descobre Coruña e os súas incribles vistas ao mar Atlántico con esta excursión guiada de 1 día por unha das cidades máis emblemáticas de Galicia. Inclúe traslados, guía e entradas.

Dende 55,00€ Reservar
Excursión á Praia das Catedrais

A Praia das Catedrais é unha marabilla da natureza, un lugar único polo que poderemos pasear entre os seus arcos e covas de pedra. En esta excursión visitaremos tamén Ribadeo, Rinlo e Mondoñedo e a súa catedral.

Dende 75,00€ Reservar
Excursión a Ourense

Visita o casco antigo de Ourense e reláxate nas súas termas. Propoñémosche descubrir esta cidade de mananciais termais con traslados, guía, entradas a monumentos e as termas.

Dende 55,00€ Reservar
Excursión a Pontevedra

Pontevedra non te deixará indiferente cas súas casas brasonadas, os seus soportais e rúas empedradas. Ofrecémosche visitar esta preciosa cidade con traslados, guía e entradas.

Dende 50,00€ Reservar
Excursión a Lugo

Lugo e os seus vestixios romanos namorarante ca súa Muralla que rodea o casco antigo e polo que poderás pasear. Goza desta marabillosa cidade con traslados e guías.

Dende 50,00€ Reservar
Xornada de Ecoturismo

Ofrecémosche nesta actividade guiada descubrir unha aldea nun entorno puramente ecolóxico: a granxa, as súas construcións ecolóxicas, o economuseo, os seus produtos e a súa forma de vida.

Dende 25,00€ Reservar
Excursión a Vigo

Vigo fascinarate cas súas praias con vistas as Illas Cíes, o seu casco antigo e os seus mercados de peixe. Suxerímosche unha visita con traslados, guía, entradas a monumentos.

Dende 50,00€ Reservar

Descubre o mellor de Galicia con Galician Roots

Galicia é un lugar máxico

Galicia é unha comunidade cunha riqueza paisaxística e cultural única. Como bos galegos estamos convencidos de que si ves a Galicia namoraraste da nosa terra e vas querer volver. Por este motivo en Galician Roots preparámosche unha gran oferta de excursións e rutas para que descubras o noso pequeno recuncho de paraíso e o poidas gozar tanto como nós.

Porque Galicia non é só Camiño de Santiago si non unha infinidade de lugares: praias cristalinas e remotas nas Illas Cíes, montes infinitos nas Fragas do Eume, viñedos interminables na Ribeira Sacra e cidades impresionantes como Santiago, Lugo, Ourense e moito máis...

Descubre os mellores recunchos de Galicia connosco: encargarémonos de recollerte e trasladarte, ensinarémosche o mellor de cada lugar e estarás sempre acompañado dun guía oficial que falará o teu idioma e responderá a todas as túas preguntas.

E se prefires realizar unha excursión a medida non dubides en contactarnos e ocuparémonos de preparar unha excursión personalizada en Galicia para ti.

Que é o Camiño de Santiago Francés organizado?

O Camiño Francés organizado é o roteiro máis transitado e demandado do Camiño de Santiago. Este roteiro que comeza en Saint Jean Pied de Port en Francia é o que ofrece máis servizos e aloxamentos, en Galician  Roots ofrecémosche distintos circuítos do Camiño de Santiago Francés organizado con todos os servizos incluídos para que poidas descubrir este roteiro sen preocupacións.
 

Onde comeza o Camiño de Santiago Francés?

O Camiño de Santiago Francés comeza na localidade francesa de Saint Jean Pied de Port en Francia e acaba en Santiago de Compostela. O Camiño Francés ten unha lonxitude total de 795 quilómetros. É posible comezar o Camiño Francés organizado en calquera punto do roteiro pero nesta sección ofrecémosche varias opcións para que poidas elixir o circuíto que mellor se adapte a ti tanto por dificultade como por número de quilómetros.
 

Por que elixir o Camiño Francés organizado?

Como comentamos antes este é o roteiro máis transitado pero ao mesmo tempo a que ofrece maiores servizos e aloxamentos, existen moitos tipos de aloxamentos para adaptarse ao teu orzamento e necesidades e a cantidade de servizos é moi extensa. Elixir o Camiño Francés organizado é unha aposta segura xa que atoparás todo o que necesitas ao longo da túa viaxe e gran unha variedade de paisaxes.
 

Que Camiño Francés organizado é máis fácil?

O tramo completo do Camiño Francés comeza en Saint Jean Pied de Port e ten unha lonxitude aproximada de 795 quilómetros, o roteiro máis concorrido e máis alcanzable tanto en número de quilómetros como en dificultade. Comeza en Sarria e é o tramo máis demandado e reservado. Este circuíto é coñecido tamén como os últimos 100 quilómetros do Camiño Francés organizado, poderás realizalo en tan só 7 días e obter o certificado da Compostela. Existen moitos outros tramos ata completar a distancia total, non dubides en botarlle unha ollada á nosa selección e se non atopas o que buscas non dubides en contactarnos.
 

Que son os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago?

Como comentamos antes os últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago é o roteiro máis popular e concorrido polos peregrinos, este tramo que pertence ao Camiño de Santiago Francés comeza en Sarria e ten unha lonxitude aproximada de 114 quilómetros de aí o seu nome. Este roteiro converteuse no máis coñecida xa que é de dificultade media / fácil e é posible realizalo en tan só 5 etapas, 5 días camiñando. Se non fixeches nunca o Camiño de Santiago esta é a opción máis recomendada para iniciarte nesta aventura.
 

Cantos días son necesarios para realizar o Camiño Francés?

Se queres realizar o Camiño de Santiago Francés completo a pé vas necesitar facer 33 etapas polo menos, é dicir que terás que camiñar 33 días. As etapas son de aproximadamente entre 20 e 30 quilómetros pero se o prefires en Galician  Roots podemos preparar o teu Camiño de Santiago Francés organizado para adaptalo ao número de quilómetros e de días que queiras. Se queres facer o Camiño de Santiago Francés en bicicleta enteiro necesitarás realizar 14 etapas de entre 50 e 70 quilómetros pero se o prefires podemos adaptar o roteiro e os quilómetros ao teu gusto.
 

Cantas etapas ten o Camiño de Santiago Francés?

O Camiño Francés ten 31 etapas oficiais pero debido á lonxitude dalgunhas das etapas recomendamos realizar entre 33 e 36 etapas para poder realizalo de forma cómoda xa que seguindo as etapas oficiais algúns tramos teñen máis de 30 quilómetros e non recomendamos superar ese número de quilómetros por día a pé. Dependendo da forma física de cada un podemos adaptar a lonxitude das etapas para que o teu camiño francés organizado sexa o máis cómodo posible.
 

Que é o Camiño de Santiago Portugués?

O Camiño de Santiago Portugués é o segundo roteiro xacobeo máis transitado despois do Camiño de Santiago Francés. O Camiño Portugués tamén coñecido como o Camiño Portugués central comeza en Lisboa e percorre o país luso ata Santiago de Compostela pasando por lugares tan bonitos como Santarém, Coimbra, Oporto e Pontevedra. En Galician Roots ofrecémosche varios circuítos para realizar o Camiño de Santiago Portugués organizado con todos os servizos necesarios para gozar deste roteiro sen preocupacións.

Onde empeza o Camiño de Santiago Portugués?

O Camiño Portugués central comeza en Lisboa pero é posible realizar o roteiro desde outros puntos para así axustarse aos teus días de vacacións e orzamento. En Galician Roots ofrecémosche varias propostas, podes realizar o Camiño Portugués desde Tui ou se o prefires tamén podes facer o Camiño Portugués desde Oporto. Se ningunha destas dúas opcións se axústa ás túas necesidades non dubides en contactarnos para realizar unha viaxe do Camiño de Santiago a medida.

Por que elixir o Camiño Portugués organizado?

Aínda que se trata do segundo roteiro máis popular para os peregrinos non está moi masificado e ten moitas infraestruturas e servizos polo que se xa realizaches o Camiño Francés antes esta é unha moi boa opción para seguir descubrindo os distintos roteiros do Camiño de Santiago. Este camiño con poucos desniveis discorre por pobos e cidades con moito encanto sen perder un chisco de autenticidade con paisaxes boscosos e frondosos. En Galician Roots ofrecémosche varios circuítos do Camiño Portugués para que só te preocupes de camiñar e gozar deste bonito roteiro.

Que Camiño Portugués organizado é máis fácil?

Gran parte do Camiño Portugués ten pouco desnivel, só algunha etapa antóllase difícil e con algunha subida forte. Se o que queres é realizar un tramo sinxelo con poucos desniveis e que ademais che permita solicitar o certificado da Compostela recomendámosche o Camiño Portugués desde Tui. Este roteiro do Camiño Portugués organizado permitirache familiarizarte con este roteiro, en apenas 5 etapas poderás completar este tramo.

Cantos días son necesarios para realizar o Camiño Portugués?

Dependendo do teu lugar de saída necesitarás máis ou menos días pero para que poidas facerte unha idea se queres realizar o Camiño Portugués desde Lisboa necesitarás 28 días contando o teu desprazamento de ida e volta. Lembra que podes empezar o teu Camiño Portugués organizado con Galician Roots desde distintos puntos do percorrido.

Cantas etapas ten o Camiño de Santiago Portugués?

Para realizar o Camiño Portugués completo desde Lisboa a pé necesitarás unhas 26 etapas / días. Algunhas etapas teñen unha lonxitude considerable, entre 20 e 33 quilómetros, pero non te preocupes porque en Galician Roots podemos adaptarnos ás túas preferencias e acurtar as etapas para que completes o teu Camiño Portugués organizado da forma máis cómoda posible.

Cal é a diferenza co Camiño Portugués pola costa?

Existe outra variante do Camiño Portugués chamada o Camiño Portugués pola Costa e como o seu nome indica este roteiro discorre pola Costa de Portugal, comeza en Porto e volve unirse ao Camiño Portugués central en Redondela. Esta variante que discorre polo litoral portugués pasa por lugares como Povoa de Varzim, Viana do Castelo e Baiona. Este roteiro moi pouco concorrido é perfecto se queres pasar por praias e acantilados e é perfecto se queres realizar un percorrido sinxelo con pouca dificultade.

Por que reservar o Camiño Portugués con Galician Roots?

Sabemos o difícil que é camiñar durante horas e chegar cansos a final de etapa por iso os nosos circuítos inclúen todos os servizos necesarios para que simplemente goces da experiencia e non teñas que preocuparte de buscar aloxamento ao chegar ou de cargar cunha mochila moi pesada. Reservar o teu Camiño Portugués con Galician Roots significa tranquilidade e comodidade xa que nos encargaremos de organizar o teu Camiño de Santiago Portugués de principio a fin. Reservamos o tipo aloxamento que prefiras, organizamos o transporte da túa equipaxe, encargámonos dos teus traslados desde e ata o aeroporto e podemos incluír ceas e máis servizos que poidas necesitar.

Traslados

Recollémoste e levámoste onde desexes

Co fin de darche a maior comodidade á hora de facer a túa viaxe, en Galician Roots tamén che ofrecemos un servizo de traslado desde calquera aeroporto de Galicia ou calquera punto de chegada e levámoste ata o punto de inicio da túa viaxe.
Síguenos
Subscríbete

Todas as nosas novidades e ofertas na túa caixa de correos

Cumprindo co novo Regulamento Europeo Xeneral de Protección de Datos ( RGPD), en relación coa política de cookies queremos informar que continuar navegando pola nosa web implica ACEPTAR a nosa política de cookies. Ler máis.